A nosa achega á educación infantil

Rosalía pequeniña

In ContArte on 14/05/2013 at 06:36

Poema “Paseniño”

Xa temos entre as mans a última publicación que trata de achegar a obra de Rosalía de Castro aos máis pequenos, que auguramos será de presenza obrigada na biblioteca de todos os centros escolares de educación infantil e primaria: “Rosalía pequeniña”, da editorial Galaxia, un libro CD, prologado por Begoña Caamaño, que recolle dez poemas musicados pola cantante Uxía.

Dicía Freixanes, o editor, na súa presentación que cada xeración le a Rosalía dun xeito distinto, e neste caso, a luz da contemporaneidade, faise unha reinterpretación musical dos seus textos e máis da imaxe da poetisa a través das fermosas ilustracións de Marina Seoane.

Esta Rosalía pequeniña pequeneira, que escribía na nosa fala, na voz de Uxía soñaba con ser pirata, era rebelde e rebuldeira, medio meiga medio fada, vestida de moitas cores, non cantaba nin as pombas nin as delicadas flores, senón que chamaba pola alborada.

Os 40 concertos programados nos centros de ensino, darán ocasión de falar desta grande, fermosa e necesaria iniciativa, que se enmarca dentro da conmemoración do 150 aniversario da publicación de “Cantares gallegos”.

???????????????????????????????

Poema "A grasia non era moita"

Poema “A grasia non era moita”

Poema "Como chove miudiño"

Poema “Como chove miudiño”

Poema "Has de cantar"

Poema “Has de cantar”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: