A nosa achega á educación infantil

Regras que nenos/as e mestras teñen que obedecer

In InformArte on 19/09/2013 at 06:51

Entre outras recomendacións, no libro mencionado no anterior post, “Consejos”, atopamos os Dereitos dos nenos relacionados coa escola, os Dereitos dos nenos relacionados coa familia, e a Carta das regras na escola. As regras foron debatidas e votadas polos nenos/as de 5 anos, aclarando que as que obtiveron máis votos son as que se seguen, mesmo polos que votaron “non”, porque, pola contra, non serían para todos. Si un neno, ou unha mestra non segue unha regra, seguramente é porque se esqueceu dela, entón, primeiro hai que recordárllela; se aínda así se esquece dela, hai que berrarlle con amabilidade; se aínda así se esquece dela, pódeselle privar de algo que lle guste moito, pero si segue a facer o mesmo, daquela hai que deixalo só para que non poida facer nada, que é algo moi triste.
Velaquí as regras que os nenos e as mestras teñen que obedecer na escola acordadas polos Nenos Grandes do centro Diana de Reggio Emilia.
1. Falar sen vocear, hai que facelo baixiño.
2. Cando os nenos e nenas están cansos de traballar ou de pensar hai que esperar un chisco e así ocórrensenos outras ideas.
3. Non, aos pisotóns, ás patadas e ás puñadas. Non se belisca, non se din malas palabras e non se arrebolan cousas enriba.
4. Non fagades burla con palabras, con caras, con acenos ou con AAAA (cos tons da voz). Non repitades coma papagaios (non imitedes) as palabras e os movementos.
5. Non molestedes a quen quere estar tranquilo.
6. Cando as mestras avisan aos nenos/as que están xogando, teñen que deixarlles 4 minutos de tempo.
7. Sobre o amor hai que poñerse de acordo. Non vale que un só o decida.
8. Sobre as cousas de comer non hai que obrigar pero hai que probar.
9. Regras do xardín:
Non lle fagades dano ás árbores porque están vivas. Non tiredes os xogos máis alá das silveiras, porque senón quedamos sen elas.
10. É xusta a regra de pillar ás nenas no patio si elas din que si. Tamén se pode pillar aos nenos. Pero pódese cambiar de idea. Se un se cansa pode dicir basta.
Poden parecernos máis ou menos atinadas. Podemos botar algunhas a faltar ou quitaríamos outras. Pero o realmente importante é o que din os nenos: teñen que ser consensuadas por todos e acatadas por nenos/as e mestres/as.
Sobre as regras do centro volveremos noutra ocasión, xa que logo hai moito que falar disto, nomeadamente cando somos moitas as profesionais que intervimos coas criaturas ao longo do día e cadaquén impón a súa lei.

Ilustración de Saja Sabine Jeannot

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: