A nosa achega á educación infantil

As árbores alimentan

In EncienciArte on 22/05/2013 at 07:05

Senteime baixo a pereira e deume unha pera.

Senteime baixo a ameixeira e deume unha ameixa.

Senteime baixo a figueira e deume un figo.

Senteime baixo a cerdeira e deume unha cereixa.

Senteime baixo a maceira e deume unha mazá.

Senteime baixo o pexegueiro e deume un pexego.

Senteime baixo o carballo e deume tanta alegría

Que comín peras, ameixas, figos, cereixas, mazás e pexegos todo o día.

Nesta época do ano podemos ver as árbores froiteiras en flor, así como comezan a agromar os seus pequenos froitos, emporiso, quixemos recorrer a este sinxelo poema de Carlos Fontes, publicado no libro “Poemas con piruleta”, para realizar un xogo adiviña co noso alumnado. Mesmo puidemos seguir engadindo outras árbores e froitos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: