Peche do blog

Ben sabemos que o noso traballo non remata ata finais de mes, pero do alumnado despedirémonos mañá. Co mesmo motivo imos darlle vacacións ao blog, xa que o seu sentido reside na posibilidade de intercambiar ideas, recursos, reflexións e materiais para o traballo de aula. Porén, aproveitando a entrada do solsticio de verán, no día máis longo do ano e momento de ilusións lunares, pechamos o blog.

Empezamos coa idea de organizar aquelas descubertas que nos servían para o noso traballo e que nos enviábamos entre as coñecidas. Pensamos que deste xeito quedaba todo máis ordenado, e de paso, se lle podía ser de axuda a alguén, pois moito mellor.

As 10.000 visitas recibidas ao longo destes 5 meses, os comentarios a algunha das 225 entradas e as satisfaccións –incluso as “obrigas” que nos impuxo-, para nós, xa son motivo dabondo para intentar retomalo en setembro cando volvamos ás aulas.

Ata daquela, tentaremos descansar, aprender e aproveitar todas as ocasións que nos xurdan para novas entradas. Estamos admitidas no curso “Leer para aprender”, que se celebrará na UIMP de Santander, do 30 de agosto ao 3 de setembro –do que xa informáramos no blog-, actividade formativa cun programa de luxo, obradoiros e conferencias a cargo de Pilar Pérez Esteve, Ana Mª Vieira Sánchez, Myriam Nemirovsky Taber e Daniel Cassany, entre outros, que tratarán temas tales como as prácticas lectoras escolares, a construción do sentido da aprendizaxe a través das artes, ou a lectura e as matemáticas. Á volta contaremos.

Iremos almacenando todas aquelas oportunidades que nos saian ao paso, para, como o pequeño Frederick, ir tirando delas na invernía, cando non nos quenten os raios de sol.

Nas tres entradas anteriores, tres agasallos de despedida.

Con esta imaxe tan metafórica do efémero, boas vacacións.

1 Comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s