A nosa achega á educación infantil

Antía Cal, a palabra xusta

In ActualizArte,VisionArte on 30/11/2015 at 22:15

Témoslle un grande afecto a Antía Cal, motivo polo que nos alegramos de saber que se fixo un documental sobre a súa visión e traxectoria no eido da educación dos nenos e das nenas, que leva por título “Tita, a palabra xusta”. Presentouse a finais de novembro en Muras, o seu lugar de nacemento, onde é coñecida como Tita a do Mesón.

Nesta ligazón, pódese acceder a unha moi recente entrevista que lle fixeron no programa ZigZag diario da  TVG co gallo do documental dirixido por Miguel Piñeiro.

Sempre pensamos que a Antía Cal non se lle agradece dabondo a labor que desenvolveu pola modernización da educación galega, establecendo lazos con institucións como Rosa Sensat, introducindo o inglés nas aulas sen que isto lle restara espazo ao galego, fomentando a participación real das familias no proceso educativo, e sobre todo salientando a cultura galega.

Desde aquí , xa falamos en varias ocasións sobre a entrañable e afoutada Tita:

-con motivo da presentación do seu libro “Este camiño que fixemos xuntos” publicado na Editorial Galaxia no 2006, co limiar de Xesús Alonso Montero, do que recomendábamos a súa lectura;

-do recoñecemento á súa labor, co Premio Trasalba no 2012 , para o que a Fundación Otero Pedrayo editou o libro Antía Cal. Sementar no futuro“;

coa entrevista que lle fixeron desde o programa Preescolar na casa, na CRTVG no 2012;

-coa entrevista que lle fixo Gena Borrajo para a revista EDUGA 50, “Antía Cal Vázquez: unha vida de superación“.

Cremos que todo o profesorado debería saber dela e do seu legado…, mágoa que non sexa tema de oposicións, que parece que é o que lle dá “transcendencia” aos pedagogos e as escolas (entre as que nunca están as galegas).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: