A nosa achega á educación infantil

Paraugas, para que?, para a chuvia

In CativArte,EncienciArte on 12/02/2014 at 08:12

??????????

Derivado do traballo realizado sobre a chuvia que presentamos no post anterior, demos en aproveitar os paraugas rotos nestes días polos refachos de vento. Así pedímoslle as familias que nolos enviaran para que nós lle puidéramos dar unha segunda vida.

Inicialmente vimos a utilidade do paraugas, que vai máis alá da estética, malia que ás veces é no único que reparan os nenos e nenas. Falamos sobre a súa forma, elucubramos sobre a súa utilidade no caso de ter outra, vimos cales son os que mellor cumpren coa súa función e finalmente os motivos polos que agora estaban estragados. Cando lles preguntábamos cal sería o seu último destino, respondían que o contedor do lixo. Nós fixémoslle cambiar de idea.

Con acrílicos e por grupos velaquí algúns dos resultados que locen expostos nos corredores do centro xunto con fermosas ilustracións nas que sempre están presentes a chuvia e os paraugas.

Ver presentación.

Paraugas

??????????

??????????

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: