A nosa achega á educación infantil

InnovArte en KunArte

In CativArte on 28/11/2015 at 23:34

Unha das grandes satisfaccións que nos dá o blog é a de poñernos en contacto con xente que, aínda que xeográficamente distante, nos é moi próxima nas visións sobre a infancia. Así fomos convidadas  a un foro que deixou unha moi grata pegada en nós. No mes de novembro alá fomos a Vitoria-Gasteiz a participar no programa Ikusi Makusi de KunArte,  o Centro de Innovación Artística y pequeña infancia un proxecto abeirado ao Teatro Paraíso, unha iniciativa que cómpre difundir, tanto pola súa orixe e motivación coma pola súa traxectoria e labor que desenvolven na actualidade, que os fixo merecedores de moi prestixiosos premios e galardóns ao longo dos 38 anos que levan traballando polo teatro.

Unha visita ao web de Teatro Paraíso xa nos dá unha idea do proxecto global que realizan, destinado tanto á representación de obras de moi alta calidade, como á educación-formación de espectadores (nenos/as, familias e educadores). Isto, xunto coa conversa telefónica que mantivemos con Pilar, e a asistencia á representación da obra “Nómadas” na Coruña, fixo que desde o primeiro momento nos entusiasmáramos coa proposta dunha “charla en familia” na marabillosa casiña que teñen en Abetxuko Pueblo, na que a cada paso que dabamos, sacábamos unha nova idea inspiradora de cada un dos recunchos e espazos.

Nós tiñamos o encargo de falar sobre como introducimos a Arte nas nosas aulas a través das pequenas cousas, así fixemos unha presentación dalgunha das experiencias publicadas en InnovArte, e, por suxestión das nosas anfitrioas, rematamos cun “remake” da intervención “As chaves están en infantil”. Isto foi o de menos, porque o magnífico desa fin de semana foi coñecer in situ o bo facer de KunArte, coincidindo co Festival Internacional de Teatro infantil de Vitoria-Gasteiz. Asistir a representacións como a da compañía Teloncillo Teatro, dirixidas a pequenos e ás súas familias, cunha exquisita posta en escena e trato co público, fixo que eleváramos  moito os nosos criterios de valoración dunha representación teatral infantil.

Partillar sobre a educación na artes, sobre a vida ou sobre o que nos apaixona a cadaquén e vivir momentos tan agradables nunha fermosísima “cidade verde”, farán que manteñamos un gran recordo dunha iniciativa tan senlleira como é KunArte. Grazas mil a todo o equipo, mil grazas a Pilar, Rosa, Elena, Irene, Ana  e Tomás, seguide dándonos tantos froitos do voso proxecto de xuventude.no

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: