“El paraguas”

 

descarga

Ás veces, e sen contalo, atopamos un tesouro nas librerías. Neste caso, trátase de “El paraguas” , un libro con música incluída, editado en Pastel de Luna, e grazas ao que descubrimos outros da mesma editorial.bf73bf_7b99fa70524e4cf1a5f428f887ab06b1

.descarga (1)

É un libro inusual, dos  que poñen o maxín en funcionamento, unha  fermosura do que podemos botar man en infinidade de momentos  e con moi diversos motivos: para deleitarnos, para inspirarnos, para crear, para profundar nas súas mensaxes implícitas, etc. É un libro sen idade, nin tema, así que calquera poderá empregalo para o que desexe: ler, inventar historias, dramatizar, evocar, representar plasticamente, falar do que nos diferenza e do que nos iguala…

images (1)

“El paraguas”, é un álbum ilustrado sen ningún texto, a cada páxina que pasamos fai que creemos unha nova historia. Comeza coa imaxe dun paraugas amarelo na porta dunha casa nunha rúa calquera, ao que pouco a pouco se lle van unindo outros paraugas de distintas cores no percorrido que fan polos espazos coñecidos dunha vila calquera. É altamente suxestivo e mesmo sinestésico. Acompáñase dunha música de piano especialmente composta para el.

Segundo o ilustrador, Jae Soo Liu, “El paraguas”, ocorréuselle mentres vía desde unha xanela como chegaban os seus alumnos ao instituto nun día chuvioso, baixo os paraugas non había diferenzas, eran todos iguais. E iso é o que pretende contar o libro.

Dong Il Sheen, o compositor, di que o tema está composto só por tres notas Do-Re-Mi, con variacións para contar o que vai sucedendo cada páxina.

Aquí, pódese saber máis do álbum e escoitar un fragmento da música que evoca as gotas de choiva.

images

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s