Vin este vídeo en Trafegando Ronseis e de inmediato faciliteille a ligazón á mestra especialista de inglés do noso centro, unha excelente profesional que conta coa miña admiración e respecto desde que nos primeiros días do curso do ano pasado, me axudou no período de adaptación, e a miña sorpresa foi cando vin que se dirixía aos rapaces en inglés, e estes respondíanlle facendo o que lles pedía ou contestando ao que lles preguntaba. Nunca se dirixe a eles máis que en inglés, e eles son quen de entendela, de cantar, de moverse, de facer o que lles pide. Ben unha especialista que non dá inglés en castelán ou en galego, que habelas, hainas….
Electric Car é un vídeo musical de animación cunha canción de estrutura sinxela, repetitiva, circular e moi, moi pegadiza, que fala da alegría da amizade.