50 metros cadrados para 25 nenos e nenas pouco espazo deixan para facer vida e para gardar momentos. Emporiso este curso, fartas de non saber onde poñer os pequenos tesouros sentimentais cos que nos agasallan día a día, decidimos tecer arañeiras nas que iremos pendurando todo o que se deba poñer á vista de todos.
Esta foi a labor de comezo na aula de catro anos. Como as arañas tecemos as nosas arañeiras con bambú, lazos, trelas, fíos e cordeis. De agora en diante, aí quedarán presos os recordos de cadaquén.
O que fai sentimento de grupo son os momentos ou intimidades compartidas e coñecidas polos demais. Isto é o que intentamos, tecer a vida gardando pequenos recordos que nolos fagan lembrar.
Para ir empezando, nestas fotografías hai paseos en barco, area do “mar dos avós”, tardes de pesca co pai, días de vacacións e alegría…
Ver presentación.
![]() |
Arañeiras |