A educación motor de futuro

Na nova estratexia europea para o 2020 a educación é un dos cinco obxectivos prioritarios para acadar unha saída sostible da crise económica e para o cambio de paradigma. Enténdese a educación como un dos motores de medra económica e de emprego para os vindeiros anos.

Cada década a Unión Europea fixa unha estratexia que se traduce en obxectivos cuantitativos para cada ámbito de acción. Así, ata o de agora, falábase dos obxectivos da Axenda de Lisboa, e dos que xa comentamos, a nivel europeo e estatal noutras entradas deste blog.

Xa que estamos a referirnos á “utopía necesaria”, ao noso entender, o mellor documento prospectivo sobre o valor futuro da educación, aínda válido e totalmente actual, foi elaborado no ano 1993, encargado por Federico Mayor Zaragoza á Comisión Internacional sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors. O coñecido como Informe Delors ou “La educación encierra un tesoro”, título inspirado nunha fábula de La Fontaine. Redactado en base a seis orientacións: educación-cultura, educación-cidadanía, educación-cohesión social, educación-traballo-emprego, educación-desenvolvemento, educación-investigación-ciencia. Complétase con temas transversais máis directamente relacionados co funcionamento dos sistemas de educación: tecnoloxías da comunicación, os docentes e o ensino, e a financiación e xestión.

Queremos recomendar a súa lectura a todas as persoas interesadas no poder transformador da educación. Quixemos “recuperalo” porque queremos telo presente ao longo de todo o curso que agora iniciamos.

Os dous principios establecidos no mesmo – os catro piares básicos da educación e a educación ao longo da vida- son un compendio aplicable en calquera momento, en calquera país e en calquera época.

Hai que educar para aprender a ser, para aprender a coñecer, para aprender a facer e para aprender a vivir xuntos. Bela maneira de resumir as competencias básicas que se deben adquirir a través da educación.

A partir de aí pouco máis se pode dicir sobre a educación como motor de futuro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s