A nosa achega á educación infantil

Volcáns

In EncienciArte on 08/05/2010 at 18:02

O noso alumnado, aínda que non o pareza, escoita as noticias, e estes días sorprendéronnos con comentarios sobre as imaxes vistas na televisión do volcán islandés Eijafjöll;  aproveitamos a ocasión para amosarlles os dez volcáns máis importantes do mundo, e incluso vimos como podíamos facer unha simulación dun en erupción. En Youtube atopamos variantes de todo tipo, unha das máis curiosas, con Mentos e Coke Diet.

Volcáns e literatura infantil: Todas as culturas contan con lendas que dan explicación a elementos ou feitos naturais; como non podía ser doutro xeito, en toda América existen infinidade de contos, lendas e mitos sobre os volcáns. Nós facilitamos unha selección do buscador do SOL. E non queremos esquecernos do “Principiño” de Saint Exupery que antes da súa evasión “deshollinó cuidadosamente sus volcanes en actividad, de los cuales poseía dos, que le eran muy útiles para calentar el desayuno todas las mañanas. Tenía, además, un volcán extinguido. Deshollinó también el volcán extinguido, pues, como él decía, nunca se sabe lo que puede ocurrir. Si los volcanes están bien deshollinados, arden sus erupciones, lenta y regularmente. Las erupciones volcánicas son como el fuego de nuestras chimeneas. Es evidente que en nuestra Tierra no hay posibilidad de deshollinar los volcanes; los hombres somos demasiado pequeños. Por eso nos dan tantos disgustos.”

Volcáns e arte: Durante a erupción do Krakatoa en 1883, o artista londinense William Ascroft impresionado polas cores do ceo, pintou unha acuarela tras outra cada dez minutos, así ata cincocentos. Como curiosidade, unha recente investigación apunta que Edvard Munch pintou “El Grito” recordando unha noite en Oslo moi afectada polo po do volcán Krakatoa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: