Na mesma liña de reutilización de “Pequenas caixas de agasallos”, cando vimos as construcións de cartón en Cardboardia, pensamos en comentalo coas familias do alumnado, por si se nos ocorre facer algo semellante no centro a pequena escala.
Cardboardia é unha vila toda de caixas de cartón. Un evento que xa se realizou tres veces en Moscú, no que participaron grupos de artistas. En Flickr pódese ver a galería de imaxes. Velaí o plano e web da vila.