María Montessori, unha lectura desde e para o século XXI

A piques de celebrarse o Congreso Latinoamericano María Montessori e a nova escola infantil, que terá lugar en Roma os vindeiros 20-24 de febreiro organizado pola Fundación María Montessori Italia, a Revista Latinoamericana de Educación Infantil, RELAdEI publica un monográfico sobre esta muller clave na educación da infancia, coordinado por Floriana Falcinelli e Furio Pesci sobre a afirmación de que a pedagoxía montessoria segue a ser válida hoxe xa que logo está baseada na liberdade do neno/a.
O número 3/2014 facéndolle honra ao seu título, “María Montessori, una lectura desde y para el siglo XXI”, supón unha revisión en clave actual dos postulados montessorianos, así Battista Quinto Borghi, presidente da Fundacion Montessori Italia, analiza por que seguen vixentes as ensinanzas de María Montessori. Pon o acento na idea tan en boga do benestar, un concepto moi empregado nos últimos tempos cun carácter holístico e que xa fixera seu a educadora italiana.
Ao longo de case duascentas páxina poderemos ler artigos sobre a creación da pedagoxía Montessori, os materiais, a formación de docentes, os materiais sensoriais, webs e propostas de lectura sobre o tema
Cremos que é unha recomendación magnífica á que só lle poñemos unha pega: que non todos os artigos estean traducidos cando menos ao español.

Deixar un comentario