A nosa achega á educación infantil

“O libro dos Reis Magos”

In ContArte on 04/01/2013 at 08:34

Agasalláronos con “O libro dos Reis Magos”, unha fermosa e orixinal iniciativa da Rede de Dinamización Lingüística para que os dirixentes de cada concello integrante da mesma, poidan ter ao seu dispor 25 discursos de benvida cos que recibir aos Reis Magos cando chegan nas cabalgatas da véspera.

Máis alá das soporíferas, oportunistas e panfletarias proclamas dalgúns mandatarios locais coas que aburren a nenos e maiores -que tan só os aturan por ver aos personaxes máis esperados ao longo do ano-, máis alá diso, hai outras maneiras de dirixirse ao publico enriquecendo o discurso con mensaxes cargadas de consignas positivas para coa nosa lingua, o galego. Esa é a intencionalidade desta publicación que foi enviada aos concellos galegos e que todos podemos ver na rede.

Con todo, é un libro que pode ser empregado máis veces que nese día concreto. Das arelas de 25 mulleres senlleiras na cultura galega sobre a nosa lingua pódese tirar en calquera momento do ano. Cómpre ler devagar porque hai contos, lendas, poemas, adiviñas, epístolas, escenas teatrais,  etc., nas que estas Raíñas Magas nos falan do vello tesouro que temos que custodiar, do noso idioma rexo e feiticeiro; da lingua das cantigas das coplas e refráns,  chea de palabras para aloumiñar, para contar contos e para cantar, con palabras esponxosas que agariman os oídos, para que nos medre a lingua e o sorriso; con palabras que recenden a choiva, saben a marmelada e brincan coa lúa  mentres soñan coa alborada.  Unha Galaxia de palabras, mesmo con algunhas perdidas ou en perigo de extinción.

Os Reis Magos, personaxes que transcenden o ámbito cultural no que foron concibidos sendo esperados hogano tanto polos crentes como polos non crentes, son un exemplo de respecto as tradicións para as novas xeracións, porén parécenos moi atinada esta alianza coa nosa lingua, entendéndoa como un galano gaioleiro que a todos ten que agradar porque, con el, pódese construír o que cadaquén queira: desexos, soños e ilusións.

Outro acerto da publicación é o cambio de visión: voces femininas para descursos tradicionalmente masculinos. Así, as fermosas ilustracións de Marina Seoane acompañan a escrita de Iolanda Castaño, Andrea Porto, Rosario Golmar, Celia Parra, Rosalía Morlán, Beatriz García, Oriana Méndez, María Solar, Lupe Gómez, Ledicia Costas, Helena Villar Janeiro, Elena Gallego, Ana Mª Fernández, Antía Otero, Eva Lozano, María Canosa, Inma López Silva, Fina Casalderrey, Dores Tembrás, Mercedes Queixas Zas, Clara do Roxo, Concha Blanco, Anxos Sumai, Paula Carballeira, Rosa Aneiros e Teresa González Costa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: