No Día dos Dereitos Humanos unha mirada ás condicións sociais e educativas da infancia iberoamericana.
Dentro da colección Metas educativas 2021, a OEI editou “La primera infancia (0-6 años) y su futuro”, coordinado por Jesús Palacios e Elsa Castañeda, prologado por Álvaro Marchesi e no que atopamos colaboracións como a de Vicenc Arnaiz. Parte dunha análise da situación da infancia e deseguido ofrece un completo panorama das direccións nas que deben orientarse os cambios de futuro coas perspectiva de fondo dos dereitos da infancia.
Malia que recomendamos a súa lectura completa, hai dous artigos que veñen ao fío no día de hoxe:
– Primera infancia: una agenda pendiente de derechos, de Nashieli Ramírez
– ¿Qué hace Blancanieves por aquí? Derechos humanos, discriminación y diversidad en la primera infancia, de Michael Feigelson