Inglés en infantil

No ano 2009, publicouse “O inglés en infantil: unha porta ao plurilingüísmo”, un libro dirixido ao profesorado especialista en lingua estranxeira que imparte en educación infantil, coa finalidade de fornecelo de propostas de traballo que exemplifican como ha de concibirse a exposición ao inglés nesta etapa, unha etapa idónea para comezar a sentar as bases da futura competencia plurilingüe e intercultural do alumnado.

Ao longo da obra, faise un intento de que o profesorado especialista coñeza as características do desenvolvemento dos nenos e nenas de infantil; de como se traballa nestas idades; cal é o enfoque metodolóxico; como se pode e debe facer unha labor conxunta entre as titoras e as especialistas; finalmente, completase cunhas exemplificacións didácticas, para 3, 4 e 5 anos, así como unha para aulas mixtas. Recolle tamén un apartado de bibliografía e recursos para o profesorado.

De interese para o profesorado en xeral, non só para o de lingua estranxeira.

Deixar un comentario