A nosa achega á educación infantil

Lingua estranxeira en infantil

In InformArte on 02/05/2010 at 20:27

No barómetro do CIS do mes de febreiro, para o que se consultaron a 2491 persoas, analízase entre outros temas, a importancia que lle conceden ao coñecemento e estudo dunha lingua estranxeira. Destacamos que un 73,6% considera que se debería iniciar na educación infantil. Isto choca coa opinión de Uri Ruíz Bikandi, que nunha entrevista no nº 400 de Cuadernos de Pedagogía, de abril de 2010, di que “La introducción temprana del inglés en pequeñas dosis supone un costo enorme sin un rendimiento claro”.

Moito se ten debatido sobre este tema, e hai auténticos detractores e defensores. A Unión Europea, no 2007 insta a que isto se faga, considerando que pode ser moi beneficioso para os nenos e nenas porque non só lles permite desenvolver a competencia lingüística, senón que lles procura un maior sentimento de pertenza, cidadanía e comunidade. No mencionado estudo recóllense datos sobre o seu tratamento en Europa, así como uns principios educativos. No 2008, a Rede Eurydice, presentou un novo informe sobre o ensino de idiomas nos colexios europeos; a través de 40 indicadores amosa o seu respaldo a unha introdución cada vez máis temperá, xa que “é unha prioridade para os estados membros asegurar a aprendizaxe de linguas en infantil e primaria porque é xusto nesas etapas onde se forman as actitudes cara a outras linguas e culturas, así como os alicerces para a futura aprendizaxe de linguas”.

No caso dos rapaces e rapazas galegos, así como os dalgunha outra comunidade, o inglés é a terceira lingua dentro do seu sistema de educación bilingüe, polo cal poden xurdir dúbidas sobre lles supón unha sobrecarga cognitiva. Este aspecto xunto con outros, é tratado por Jasone Cenoz da Universidade do País Vasco nun artigo titulado “El aprendizaje del inglés desde educación infantil: efectos cognitivos, lingüísticos y afectivos”. Nel analiza si supón algún obstáculo para o desenvolvemento das outras dúas linguas cooficiais, si existe transferencia entre linguas, si os nenos/as de comunidades bilingües adquiren a lingua adicional con máis facilidade, e a influencia do factor idade. Finalmente apunta unha serie de condicións que garantan o ensino da lingua estranxeira.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: