A nosa achega á educación infantil

Unha escola cos pés no ceo

In ActualizArte on 30/09/2013 at 06:52

Sempre que viaxamos fóra para coñecer outras escolas comentamos que é unha mágoa que non se dean a coñecer as interesantes experiencias educativas que hai na nosa contorna. Habelas hainas, bos mestres/as e boas escolas tamén temos, entón, cal é o motivo polo que non apreciamos o bo que se fai no noso país?

A comezo de curso chéganos a invitación de Miguel Martínez, o director da editorial Kaleida Forma –unha desas iniciativas valentes e destemidas dos tempos que corren-, para ler as súas tres últimas publicacións das que iremos dando conta aquí. Entre elas, el xa nos anticipa que “Una escuela con los pies en el cielo”, sería moito do noso gusto. E acertou.

“Una escuela con los pies en el cielo. Verbena: inspiraciones, propuestas y suenos de un colegio 3-6” é o balance de vinte anos de traballo que fai o equipo da EI Verbena de Leganés, unha pequena comunidade de algo máis de cen nenos/a e as súas familias, oito docentes, conserxe, persoal de cociña e de limpeza. Como eles din é unha escola chea de vida por iso teñen a cabeza ben posta no terreo e os pés no ceo.

O libro é realmente motivador porque reflicte as experiencias de nenos/as poderosos e capaces, que devecen por participar e aprender; mestras que fan o seu traballo con dignidade e esmero; e familias cómplices coas que partillan sobre as súas inquedanzas, a súa ilusión e o seu saber.

Unha delicia. Non tedes máis ca botarlle unha ollada ao índice e alí veredes como se recollen todos aqueles temas que son do noso interese: a función da escola, o traballo por proxectos, a creación artística, a investigación, o xogo…, apartados todos eles nos que se deixa entrever o compromiso desta comunidade coa educación que queremos para os nosos fillos e fillas.

Non podemos máis ca dárllelos nosos parabéns ao equipo, así como á editorial, por salientar estas iniciativas das que todas temos tanto que aprender e nas que inspirarnos para poñer, tamén, os pés no ceo.

Acceder ao libro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: