Falsos mitos na escola 2.0 (1ª)

Trala lectura do Informe OCDE 1:1 en educación pensamos que hai dous grandes mitos erróneos arredor da introdución das TIC na escola que están enturbando a visión que a sociedade en xeral ten sobre estas iniciativas e sobre os resultados que se esperan obter:

-o mito das máquinas de ensinar

-o mito dos materiais dixitais

Xunto coas crenzas, tamén erróneas, de que:

-o alumnado segue tendo un rol pasivo, son meros receptores das iniciativas institucionais,

-o profesorado executará as iniciativas institucionais e os aparellos producirán neles e nas súas prácticas unha transformación inmediata.

A estas e outras cuestións dedicarémoslle varias entradas no blog.

Recentemente escoitamos a conferencia de Manuel Area Moreira no Foro Webinar 2010 en Arxentina, que nos pareceu ben esclarecedora sobre as iniciativas 1:1. Parte de dúas premisas básicas e elementais –non por ilo contempladas no deseño destas iniciativas- e que son: os ordenadores e demais aparellos TIC non teñen efectos “máxicos”, e o máis importante na mellora da calidade do ensino son a figura do docente e o método que se empregue. Apunta as 10 ideas clave para innovar a ensinanza na escola 2.0:

1º Cara un currículo integrado. Planificar por competencias e non por contidos de materia.

2º Que o alumnado aprende facendo. Debe ter experiencias activas co coñecemento.

3º O papel docente: organizador de actividades e non transmisor de información.

4º Menos libros de texto e tarefas repetitivas e máis metodoloxía de traballo por proxectos.

5º Aprender en grupo e en colaboración.

6º Potenciar a multialfabetización: aprender a través de textos, hipertextos, imaxes, sons, audiovisuais, etc.

7º O alumnado debe aprender a buscar e analizar información, reconstruír, elaborar e difundila, comunicarse e traballar colaborativamente.

8º Novos materiais didácticos: flexibles, interactivos, multimedia e on line.

9º Usar educativamente os recursos da web 2.0.

10º Redes sociais de docentes. Colaborar e traballar en rede para compartir recursos.

Conclusións:

Innovar na escola é un proceso lento e constante, malia a chegada masiva de aparellos.

Ser un profesor/a do século XXI require asumir/apropiarse das novas formas culturais do s.XXI.

Require de que o profesorado sexa un usuario hábil da web 2.0.

Precisa dun cambio do pensamento pedagóxico e das prácticas didácticas.

Non podemos ensinar o que non sabemos ou o que non empregamos.

Alvaro Marchesi, Secretario xeral da Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura, (OEI), nunha entrevista concedida recentemente a un xornal uruguayo con motivo da presentación das Metas Educativas 2021, amosaba igualmente unha actitude bastante escéptica con respecto a que a calidade do ensino pivote sobre a dotación de recursos TIC. Respondía así este observador internacional do panorama educativo:

“Yo no espero ninguna gran revolución educativa. Espero que la revolución educativa venga en múltiples factores: el compromiso de la sociedad, la reducción de las desigualdades, el que los alumnos puedan acceder y tener una oferta de educación de calidad reconocida, el que los maestros tengan una preparación suficiente, que haya recursos en las escuelas, la colaboración de la familia y que haya nuevas tecnologías. Como haya muchas tecnologías y siga habiendo desigualdades, no haya recursos no servirán para nada.

El proceso debe empezar por los docentes, claro. Los estudios internacionales señalan que la calidad de un sistema educativo es la calidad de sus maestros. A mayor calidad de los maestros, mayor calidad del sistema educativo. La apuesta fundamental en los maestros es la garantía de que la escuela mejore. Yo pongo el ejemplo de los aviones, de cuando las azafatas cuentan esto de que si hay un problema y se despresuriza la cabina póngase usted la máscara de oxígeno primero y luego póngasela al niño… Pues es igual con la educación. Es póngale al maestro la máscara de sus competencias que ya verá usted cómo el alumno aprenderá bien.”

1º mito por terra: Non hai máquinas que poidan aprender a aprender. Polo de agora. Aínda se precisa dun profesorado ben preparado.

Deixar un comentario