Tecendo unha cortina de palabras

Desde que vimos este traballo da artista Sarah Morpeth andivemos dándolle voltas para ver como facer algo semellante nas nosas aulas. Pensamos que poderíamos facer cortinas de palabras:

-Como conmemoración das Letras Galegas, ir xuntando todas aquelas palabras galegas que nos gustan.

-Polo día da Infancia pedíndolle as familias que nos escribiran palabras que asociaban á infancia.

-Para ir recollendo todas aquelas palabras que serven para expresar os nosos sentimentos e emocións.

Finalmente, decatámonos que as nosas aulas están cheas de carteis con palabras: con personaxes dos contos, cos nosos nomes; con alimentos, con emocións, con acontecementos, coas palabras que non fan rir, con palabras difíciles de pronunciar, con descubrimentos…, polo tanto non tíñamos máis que cortalas e facer cortinas temáticas. Cada vez que temos unha nova listaxe de palabras, tecemos un novo fío da nosa cortina. Imos tecendo a nosa vida escolar con palabras.

Imaxes de Rag&Bone.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s