Educar a mirada, a man e o pensamento

Cando falamos da educación visual e plástica na educación infantil, ou da educación artística, ou de arte (en) infantil, sempre pensamos que o obxectivo prioritario destas actuacións nas aulas é o de educar a mirada, a man e o pensamento. É unha expresión brillante, mágoa, non é nosa, correspóndese co título do libro publicado en Graó “La educación visual y plástica hoy. Educar la mirada, la mano y el pensamiento”, publicado no 2001, para nós segue a ser un referente. Nel participa Marta Berrocal, moi coñecida nas actividades de formación do profesado galego de infantil, así como Amparo Fosati, ou Manuel González Ramos, entre outros, que tamén colaboraron en outras dúas publicacións posteriores, dentro da mesma colección “Didáctica de la educación visual y plástica”. Desde a rede, pódese acceder a algúns capítulos.

La educación visual y plástica hoy. Educar la mirada la mano y el pensamiento”, coordinado por Jordi Caja, publicado en Graó no 2001. No capítulo 2, “Expresión plástica y educación infantil”, pregúntanos se todos entendemos o mesmo por expresión plástica; aborda os seus valores educativos, o papel do/a docente, os obxectivos, contidos, actividades, avaliación e espazos para a plástica. Dedica, tamén, un apartado ao proceso gráfico infantil.

Menús de educación visual y plástica. Siete propuestas para desarrollar en el aula”, coordinado por Marta Berrocal, publicado en Graó no 2005. Ao modo das culturas orientais que incorporan dez ou máis pratos á mesa, este libro presenta ideas e recursos prácticos organizados en sete propostas con títulos tan suxestivos como “La línea, ¡qué lío!”, “Un compás sin música”, “En busca del color perdido” ou “El retrato, una cuestión de narices”.

Figuras, formas, colores: propuestas para trabajar la educación plástica y visual”. Nel trátase que a arte e o artístico para ser valorados deben ser ensinados e aprendidos. No capítulo dedicado á educación infantil analiza as tres dimensións e a representación do tempo.

Deixar un comentario