A FGSR dentro da súa colección Temas en la literatura infantil y juvenil, dedicou o nº2 a “La pintura en la literatura para niños y jóvenes”, na que se presenta unha selección bibliográfica de libros relacionados coa pintura.
A guía divídese en dous grandes bloques:
-“Leer la pintura”, con obras de ficción e de carácter informativo, organizadas por idade.
-“Arte, libros y niños”, con artigos, monografías e webs.
A selección de libros estrutúrase en sete apartados:
• Galería de retratos: historias de ficción ou biografías protagonizadas por pintores con nome propio.
• Historias enmarcadas: historias de aventura ou misterio que arredor de pintores u obras pictóricas coñecidas.
• Onde viven os cadros: historias de ficción que se desenvolven nos museos.
• E ti que pintas?: historias de ficción para achegarse á cor, ao debuxo ou á pintura.
• A paleta como xogo: aproximación á cor, ao debuxo e á pintura mediante
propostas de xogo.
• Saber máis sobre pintura: material informativo sobre o tema.
A publicación é do 2005, polo que se botan a faltar algúns máis recentes e xa clásicos. Engadirémolos noutra entrada.