Aprendendo a ser pais

O programa nº 30 de Redes para la ciencia, Eduard Punset entrevista a Jay Belsky que investiga sobre a influencia e efectos nos nenos da escolarización temperá; que el aconsella non facer ata os 4 ou 5 anos. Centra os seus traballos sobre a importancia dos coidados e atencións familiares nos primeiros anos de vida dos nenos. As súas afirmacións poden parecer un pouco provocadoras, pero non faltas de razón, na entrevista di: “A triste verdade é que nalgúns países pagamos máis por aparcar o coche que por aparcar aos nosos fillos.” Pon en tela de xuízo as políticas asistenciais de moitos gobernos en troques de facilitar axudas para que as familias se ocupen dos seus fillos.

Facilitamos a transcrición da entrevista.

Deixar un comentario