A nosa achega á educación infantil

0-3 si, ou 0-3 non

In InformArte on 22/02/2010 at 13:46

Estamos asistindo a unha revolución na forma na que se están criando os máis pequenos, e na medida en que isto non sexa rigorosamente planificado e supervisado, será perigoso para o seu futuro. Escolarizar a nenas e nenos desde os tres meses, ten as súas vantaxes pero tamén hai moitas voces críticas con este tipo de medidas sociais. Hai un claro perigo de que os posibles beneficios da educación durante a primeira infancia redunden exclusivamente nos nenos de familias máis acomodadas, mentres que os posibles prexuízos revertan principalmente nos nenos de fogares máis desfavorecidos.

No Report Card 8 de UNICEF,- xa tratado noutro post-, psicólogos infantís e activistas dos dereitos do nenos en numerosos países expresaron as súas inquedanzas sobre a transición no coidado infantil.

Steve Biddulph, psicólogo australiano, sostén que as garderías son inadecuadas para os nenos menores de tres anos. “É unha cuestión de equilibrio, de escoller o momento oportuno. Nos tres primeiros anos de vida, os nenos son demasiado vulnerables, están demasiado necesitados dun coidado persoal e de todo aquilo que este poida ofrecer como para que se lles deixe en mans de estraños para o seu coidado colectivo.”

-A psicoterapeuta de Oxford, Susan Gerhardt, tamén se manifestou en contra do coidado institucional. “Os bebés chegan ao mundo con necesidade de interacción social para axudarlles a desenvolver e organizar o seu cerebro. Se non se lles presta suficiente atención empática e sintonizada – noutras palabras, si os seus pais non se interesan por eles nin reaccionan positivamente- haberá importantes partes do seu cerebro que non se desenvolverán correctamente.”

-A avogada australiana de dereitos humanos Cathlleen Sherry di: “Nas maternidades, xa non está ben visto que os recén nacidos estean aliñados baixo o coidado dun par de enfermeiras. Percíbese coma algo lamentable. Convéncese firmemente ás nais de que teñan aos seus fillos con elas as 24 horas do día. Malia todo, seis semanas despois non hai inconveniente en que dez deses bebés entren nunha gardería con tan só dous coidadores. Non ten sentido.”

Hai países avanzados e á cabeza en prestacións sociais que adoptan outro tipo de medidas de atención á primeira infancia, tales como baixas prolongadas e pagadas dos proxenitores, axudas económicas para o propio coidado dos fillos, etc. Aínda así, sabendo que hai familias que necesariamente deben delegar o coidado dos seus fillos ao pouco de nacer, e sabendo da importancia dos desenvolvementos infantís, cognitivos, afectivos, emocionais…, que teñen lugar nesta etapa, cómpre facer un grande esforzo por parte dos gobernos para que as condicións nas que se atende, coida e educa a estas criaturas, sexan as óptimas. Isto pasa por prestar atención especial ao persoal, á súa formación, aos espazos, aos materiais, ao número de nenos por grupo, ao número de horas que pasan no centro, ao clima de afecto, etc.

Volvemos ao que xa apuntamos en entradas anteriores, como se está planificando o ciclo 0-3?, poñeranse as condicións de calidade precisas, ou polo de agora só nos preocupa a cantidade e o número de nenos “almacenados”?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: