Elogio de la educación lenta

Días atrás, estábamos nunha librería ollando as novidades publicadas no ámbito pedagóxico e atopamos un libro escrito por un “gurú”da mercadotecnia e da publicidade que se internaba no mundo da educación e dicía que o gran problema que tíñamos os profesionais do ensino é que non nos sabemos adaptar ao mundo actual, no que todo vai ás presas, no que o que importa é o impacto emocional que alude aos instintos máis primarios básicos, tal e como fan os expertos en publicidade. Dicía así mesmo, que deberíamos empregar o “zapping” nas nosas clases, un cambio continuo e rápido de temas, de actividades, de mensaxes…

Xusto ao seu carón había outro titulado “Elogio de la educación lenta” de Joan Domenech, publicado en Graó, deste si recordamos o seu título. Sería casualidade que estiveran xuntos, ou sería a man intencionada do libreiro ao colocalos no andel? Lemos a recensión e acabamos mercándoo. Velaí vai: “Los movimientos de la lentitud plantean alternativas a la aceleración que condiciona nuestras vidas: comida, desplazamientos, relaciones personales… Todo está impregnado por una velocidad que no deja saborear el sentido de las cosas y nos aboca a una sociedad neurótica y despersonalizada.

Más, antes y más rápido no son sinónimos de mejor. Aplicar esta afirmación en la escuela y en la educación es una de las cuestiones a las cuales el autor intenta dar respuesta en este libro en que se replantea el tiempo, no desde el punto de vista organizativo, sino con la intención de encontrar nuevas dimensiones que den sentido, entre otros, a la diversidad de ritmos de aprendizaje. La educación lenta es un paradigma que no pretende hacer las cosas a poco a poco, sino saber encontrar el tiempo justo para cada uno y aplicarlo en cada actividad pedagógica. Educar para la lentitud significa ajustar la velocidad al momento y a la persona.

Hacer elogio de la educación lenta tiene sentido hoy y aquí en tanto que representa el elogio de un modelo educativo entendido como la pieza clave en el proceso de humanización de la sociedad. El tiempo no puede colonizar nuestras vidas y las de la escuela, sino que hay que devolverlo a los niños y niñas y al profesorado para que pueda ser un tiempo vivido plenamente y, por tanto, plenamente educativo .”

Dá para pensar un pouco na nosa praxe educativa, moitas veces enleada nun activismo sen moito sentido; en ocasións estamos máis preocupadas por rematar unha actividade que por escoitar o que os nenos e nenas nos queren dicir e por respectar os seus ritmos persoais, o que nos acaba crispando a nós e máis a eles; e cando recapacitamos, pensamos se pagou a pena. E se a vida xa é acelerada de por si, procurémoslles na escola ese espazo de tranquilidade, de serenidade, de escoita, de reflexión sobre o que se está a facer para evitar que todo se converta nunha trangallada. Logo non nos queixemos de que están acelerados e de que non hai quen poida con eles.

A raíz desta publicación, a editorial Graó co apoio da Federación de Movementos de Renovación Pedagóxica (FMRP), abriron o blogue da educación lenta; “esta iniciativa ten como obxecto promover unha educación axeitada aos ritmos e necesidades dos nenos e nenas, das familias e dos profesionais da educación.”

Deixar un comentario