Escolas infantís de Pistoia

No nº 397 de Cuadernos de Pedagogía, de xaneiro de 2010, recóllese nun artigo os principios educativos destas escolas ubicadas na Toscana, que desde os anos 60 desenvolven un proxecto de transformación educativa na Educación Infantil e no conxunto das políticas educativas, sociais e culturais. Todo ilo, plasmase nunha Carta de Servizos Educativos.

No nº 129 de In-fan-cia entrevistan a Sonia Iozzelli, que xunto con Annalia Galardini, foron responsables nos últimos treinta anos dos servizos educativos á infancia en Pistoia.

Desde aquí pódese acceder a unha galería de imaxes dunha visita as escolas de Pistoia.

Unha boa lectura para inspirar proxectos semellantes naqueles concellos de Galicia que ofrecen un amplo abano de posibilidades de atención educativa e de lecer á infancia, pero nos que aínda non se chegou ao punto de consensualo co principal servizo educativo, a escola. Así ás veces, duplícanse, solápanse, chocan as intervencións sobre os mesmos nenos pero en distintos momentos e por distintos servizos. Cumpriría facerlle algunha suxestión á FEGAMP neste eido.

Posibilidade de realizar visitas de estudo ás escolas de Pistoia.

Deixar un comentario