A nosa achega á educación infantil

Agasallo de mar e vento para o Día do Libro

In ContArte on 22/04/2013 at 06:55

1354525504044_bWFyIGUgdmVudG8sMC5KUEc=_640x454_100Q

Dabondo temos falado e reflexionado sobre a celebración do Día do Libro. En calquera caso, e na nosa experiencia, o mellor que se pode facer pola lectura e polos lectores é aconsellar bos libros. Libros que a nós nos gustaron e que son acollidos con por quen confía no noso criterio.

Emporiso, queremos compartir unha recomendación; un fermosísimo álbum co que nos agasallou unha amiga polo Nadal. Titúlase “Paxaro de mar e vento”, escrito por Tucho Calvo e ilustrado por Xosé Cobas.

Advertimos que, de lérllelo ao noso alumnado require dalgunha que outra explicación, pero como lectura adulta, deixaranos con ganas de velo unha e outra vez para así mellor apreciar o lirismo do texto e das imaxes en perfecta simbiose. Ilustracións que se poden ver nesta reportaxe emitida no Zigzag diario, e que mesmo se poden solicitar á editora Biblos-Clube de Lectores para expoñer nos centros de ensino.

Cómpre engadir que nós témoslle reservada unha actividade especial de cara ao final da primavera, cando nacen os paxaros e cando os cativos xa van á praia e nos traen como regalo as cousas miúdas que o mar deita na area.

Sen contar moito máis, convidámosvos á lectura un fragmento do seu inicio no que se nos explica como nacen os paxaros:

“Os paxaros nacen dos ovos.
Coa calor das nais e dos pais, que deitan enriba deles para os chocar, algo marabilloso acontece nesas pequena cápsulas. Dalgún xeito, o branco da clara e o amarelo da xema do ovo convértense en pitiños. Despois, eles mesmos escachan a casca e saen. Abondan uns poucos días para que acaden milleiros de cores e formas. E unha mañá calquera, mergúllanse no ceo azul sobre o mar azul dunha Galicia verde e aínda bretemosa.”
 

agás a “astrófuga mariña” que nace da imaxinación, razón pola que hai que repetir moitas veces o seu nome para non esquecelo ou escribilo, xa que logo se non o lembramos, desaparece.

Un libro que aboga pola imaxinación transformadora dos nenos e das nenas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: