A nosa achega á educación infantil

A invención concreta

In CativArte on 22/04/2013 at 06:49

“Cubo de nylon, Jesús Soto

Unha das exposicións que puidemos visitar en Madrid foi “La invención concreta” da colección Patricia Phelps de Cisneros no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS), unha das máis completas sobre a arte contemporánea en América Latina.

Esta colección sobre a abstracción xeométrica conta coa súa propia web lainvencionconcreta.org, que permite a visita virtual organizada por países, por autores ou por anos. Asemade, as obras están clasificadas arredor de cinco eixos temáticos: Diálogo, Universo, Xeometría, Ilusión e Vibración.

Durante a visita fomos tomando notas, porque á vista de cada obra xurdíanos moitas ideas para o traballo co noso alumnado, que pouco a pouco iremos recollendo no blog, pero queremos convidarvos a entrar porque cremos que nos abre unha porta á creatividade, tanto polos materiais empregados, como polas representacións, así como polas posibilidades de traballo coa luz e coa sombra.

Chamaron poderosamente a nosa atención as obras de:

-GEGO, Gertrud Goldsmidt, “Dibujo sin papel”no que sen lenzo nin papel, se recrea na sombra que proxectan uns entramados de arames sobre a parede.

-Alejandro Otero, “Tablón de Pampatar”, cuns suxestivos xogos de raias sobre fondo branco.

-Helio Oiticia, “Monocromática en vermello”, explorando os matices dunha soa cor.

-Jesús Soto, autor do espectacular “Cubo de nylon” co que ilustramos esta entrada, e doutras como “Dobles transparencias” ou “Vibración”, que sempre inclúen o movemento.

-Lycia Page, cun gran número de obras de entre as que destacamos o “Libro da criaÇao”, unha serie coas 16 páxinas (cartón de 12X12), nas que a autora dá conta da creación do mundo.

No início era tudo água.
Depois as águas foram baixando, baixando, baixando, e baixaram.
O homem começou a marcar o tempo.
O homem descobriu o fogo.
O homem era nômade e caçador.
Na floresta.
O homem era gregário e semeou a terra.
E a terra floresceu.
O homem inventou a roda.
O homem descobriu que o sol era o centro do sistema planetário.
Que a terra era redonda e girava sobre seu próprio eixo.
O homem construiu sobre a água: palafita.
Submarino: o vazado é o cheio sob a água.
A quilha navegando no tempo.
Luz – luz plena.

Lycia Page

Para nós foi toda unha descuberta. Altamente recomendable e moi estimulante.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: