A nosa achega á educación infantil

Palabras engaiolantes

In AlfabetizArte on 03/06/2010 at 15:41

Facemos unhas propostas de “xogos con palabras” para os nenos e nenas que se están iniciando na lectura.

Ambigramas

Os ambigramas son palabras ou frases escritas ou debuxadas de tal modo que admiten, ao menos dúas lecturas diferentes. A segunda lectura poderase facer tras realizar algún tipo de movemento sobre o orixinal; na meirande parte dos casos, xírase 180º. Neste blog hai una listaxe de nomes para os que se elaboraron ambigramas, de seguro que case todos os do noso alumnado. Nesta ligazón pódese acceder a un xerador gratuíto de ambigramas a partir de calquera palabra.

Palíndromos

Un palíndromo é unha palabra, número ou frase que se le igual cara diante que cara atrás. Se é un número chámase capicúa. Neste web atopamos un documento que recompila 42424 (capicúa) palíndromos. Descubriremos moreas de palabras que nos permiten xogar a lelas ao dereito e ao revés.  Os números palindrómicos son simétricos en base a. Existen 9 números capicúa de dous díxitos: 11, 22, 33, 44, 55, 66, 77, 88, 99.

Acrósticos

Un acróstico é unha composición poética na que as letras iniciais, lidas en sentido vertical forman un vocablo ou unha locución. A nós gústanos facer acrósticos cos nomes dos nenos e nenas a partir de adxectivos que os describen.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: