A nosa achega á educación infantil

Fractais na natureza

In EncienciArte on 31/05/2010 at 17:13

Cando estábamos intentando debuxar as ramas do fiuncho, o noso alumnado decatouse de que era unha estrutura que se repetía cada vez a menor escala. Isto animounos a amosarlles imaxes de fractais na natureza, o expoñente máis claro o dun romanesco, ou dun fento.

Escoitamos unha vez que a xeometría que ensinamos nas escolas só serve para explicar as realizacións humanas, pero a natureza segue outro tipo de patróns xeométricos, a xeometría fractal. As nubes, as montañas, o sistema circulatorio, as liñas costeiras, ou os copos de neve son fractais naturais. Se vemos un pino ao lonxe estaremos vendo a mesma estrutura que se observamos cada unha das súas ramas, ata a máis pequena delas.

E o nenos deseguida se decatan diso. Certamente, as súas realizacións posteriores melloraron considerablemente. Agora andan a buscar fractais por todas partes.

É apaixonante, descubrimos que hai unha rama da arte dedicada aos fractais, xeradores de árbores con estrutura fractal en Second Life, fractais na paisaxe … Toda unha descoberta!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: