Acerca de IEI

InnovArte nacido en xaneiro de 2010, na actualidade recolle 1200 post ou entradas e recibe unha media diaria de 1.500 visitas desde Galicia ou o resto do estado, Italia, Portugal, Arxentina, Chile, Uruguay, Colombia, México, Perú, Venezuela, Guatemala, e outros países iberoamericanos, xa que se atopa en formato bilingüe, galego e español.

InnovArte non é un blog de aula, nin de centro, senón un blog profesional con vertente formativa (autoformación), que recolle as reflexións e experiencia educativa de dúas mestras de infantil, que deciden compartilas traspasando o reducido ámbito escolar grazas ás posibilidades que nos brindan as ferramentas web 2.0

A información que contén está relacionada coa educación infantil, apuntando preferentemente ao segundo ciclo, aínda que ás veces, tamén se dirixe ao primeiro, concibindo a etapa como un continuum.

Recóllese agrupada en 17 categorías:

ActualizArte: unha análise de publicacións, artigos, blogs, folletos ou entrevistas de calquera tema que teña que ver coa etapa. (119 post)

AlfabetizArte: experiencias referidas ao traballo coa lingua escrita. (33 post)

CativArte: actividades de traballo coa arte, con artistas ou sobre a experiencia plástica e artística. (109 post)

ContArte: publicacións de literatura infantil, poesía ou outros textos literarios que mesmo poden dar lugar a secuencias didácticas. (130 post)

EmocionArte: actividades que inciden nos aspectos emocionais. (42 post)

EncienciArte: intervencións de aula relacionadas coa introdución da ciencia, do pensamento e do método científico na escola. (92 post)

FamiliarizArte: apartado que contempla información de interese para as familias: publicacións, actividades ou suxestións. (22 post)

FormArte: non pretende ser un noticiero de toda a oferta formativa para os/as profesionais desta etapa, si non máis ben, daquelas accións que nós consideramos de interese e coherentes cos principios pedagógicos recolleitos na norma de aplicación. Moitas destas actividades son ás que nós asistimos e por iso, recomendamos. Especial atención merecen neste apartado as nosas visitas ás escolas infantís do norte de Italia (Reggio Emila, Pistoia e San Miniato. (33 post)

InformArte: noticias de actualidade na educación infantil. (89 post)

LexislArte: análise da lexislación que se vai publicando, así como da súa pertinencia. (12 post)

MirArte: centrado na alfabetización visual. (27 post)

MusicArte: experiencias de aula, recursos e publicacións relacionadas coa expresión, creación, linguaxe e didáctica da música. (27 post)

PremiArte: convocatorias de premios que consideramos acertadas, tanto polos requisitos como polos criterios de valoración. (16 post)

RebelArte: este apartado é unha concesión á nosa rebeldía contra moitas das inercias que hai instauradas nas prácticas escolares ou na conciencia cidadá sobre a infancia, e que nós cuestionamos. (53 post)

ReflexionArte: opinións e pensamentos que xurden no día a día relacionadas coa educación en xeral.

TicArte: aplicacións informáticas, recursos web, ou experiencias de aula que contemplen ou uso das TIC nalgunha das súas vertentes, informacional, comunicativa, creativa, e/ou lúdica. (35 post)

VisionArte: vídeos de aplicación educativa, relacionados co consumo responsable, a prevención de accidentes, o medio ambiente, o ensino das linguas, a literatura, etc. (75 post)

Pero tamén, en cada unha das entradas que introducimos en InnovArte están etiquetadas por temas para facilitar a súa procura. Así, ademais de poder localizar toda a información que hai sobre a natureza, xogo ou fomento da lectura, por poñer un exemplo, todas elas están organizadas segundo a competencia básica á que apuntan preferentemente. Desde a parte inferior central pódese acceder á nube de etiquetas.

InnovArte conta ademais con 6 páxinas máis estáticas nas que se recolle o que se resume a continuación.

Presentación

-Acerca de InnovArte Educación Infantil

RecomendArte: páxina na que se referencian publicacións da Xunta de Galicia dirixidas ao profesorado de educación EI, nas que participamos e que están totalmente accesibles a través da web.

Español: acceso ao blog en español.

LexislArte: enlaces á lexislación en vigor en Galicia para a etapa infantil.

Arquivos: desde onde se pode acceder ás 790 entradas, gardadas cronolóxicamente.

Ademais, desde a zona inferior esquerda da interfaz de entrada, preséntanse os últimos 15 artigos, así como a posibilidade de procura por datas (meses) de publicación.

Principios rectores de InnovArte Educación Infantil

Os principios rectores de InnovArte Educación Infantil, son coincidentes coa nosa particular visión sobre a escola, sobre os nenos, sobre a educación infantil e sobre a responsabilidade educativa doutros axentes sociais. No momento de abrir o blog redactámolos a modo de código deontolóxico para que así puidesen actuar de filtro descartando todo aquilo que non se axuste a este decálogo. Poden parecer cuestións moi obvias pero, poida que non o sexan tanto, xa que logo non é doado levar a cabo todas estas intencións tan presentes en case todos os discursos e xustificacións de propostas educativas.

1ª Mostrar prácticas nas que os nenos e nenas son parte activa, non meros executores.

2ª As actividades que se presenten deben dar resposta a problemas reais da vida cotiá, non a cuestións ficticias sobre un papel nunha ficha ou nunha pantalla.

3ª As TIC son entendidas e usadas desde a súa utilidade para a axuda a solución de cuestións reais ben sexa para a procura de información, para a comunicación, para a creatividade, ou para o lecer.

4ª Os libros e as publicacións que se recomendan (profesionais ou de literatura infantil) foron lidos por nós e, por un motivo ou outro, considerados de utilidade para as compañeiras.

5ª A análise que se faga da lexislación debe ser obxectivo e/ou comparativo, non condicionado por ningunha ideoloxía nin partidismo.

6ª O cuestionamiento continuo de actuacións consolidadas nos centros como tradición escolar, carentes de base pedagóxica que a sustenten.

7ª A análise da relación familia/escola, entendida desde a súa participación, corresponsabilidade e compromiso coa educación dos máis pequenos.

8ª A reivindicación dun ritmo lento que lles permita aos máis pequenos gozar da súa nenez, rexeitando o activismo sen sentido que invade os centros escolares.

9ª A diferenciación entre o novedoso, o novo e o verdadeiramente innovador.

10ª A defensa sen concesións da profesionalidade dos docentes de educación infantil, como expertos en educación, non en animación, non en manualidades, non en atencións maternais ou asistenciales.

Poderíamos engadir algunhas máis xa referidas ao blog:

-As imaxes que se utilizan son tomadas da rede con fins educativos, referenciando sempre a súa fonte e/ou vinculándoas coa orixinal. Non nos importa a procedencia, -a condición de que non teña unha base constitutiva de delito-, entendemos que case todo o que está na rede pode ser tomado para uso educativo atendendo a unha ética entre internautas.

-Non se incluirán enlaces a outras webs sobre as que non temos o control do seu axuste aos principios InnovArte.

-Non permitir a inclusión do blog en redes de publicidade ou outras finalidades non estrictamente educativas.

-Utilizar unha estética axustada á súa filosofía: limpa, clara, ausente de “ruído”, áxill e intuitiva.

– O uso dun ton coloquial, case de conversación entre colegas, non perdendo rigurosidad nin profesionalidade, pero si conseguindo ser máis próximas que con outros estilos discursivos con máis carga retórica e académica (estilo programación).

Álbumes de fotografías de secuencias didácticas InnovArte Educación Infantil.

-De decembro 2010 a marzo 2012: 124 álbumes

– De marzo a decembro de 2012: 37 álbumes.

Falan de InnovArte Educación Infantil

EducaLab, blog del CNIIE

RELadEI

Blog CanalEducación

Blog Gigas de tiza

Blog Innovación en la educación

Sala de profes

Internet en el aula

CiberEspiralRadio

Blog Renacuajos

Didactalia

Deixar un comentario