A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘xardíns’

Bulbos na aula

In EncienciArte on 05/02/2010 at 19:14

Nesta época, en moitas aulas, téñense plantado bulbos, ben en terra, ben en recipientes especiais con auga que permiten ir vendo o crecemento das raíces e da planta. Para quen queira amosarlles aos nenos e nenas o resultado final dos seus coidados, facilitamos o acceso ao web dos xardíns holandeses de Keukenhof, “xardín da cociña” en neerlandés.

Keukenhof, coñecido como o xardín de Europa, posúe unha impresionante colección de flores de unha grande variedade de especies, destacando as de bulbo. O seu momento máis espectacular é o da floración dos tulipáns, os quince días centrais do mes de maio.