A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘TIC’

Outras linguas maternas na escola

In InformArte on 20/02/2010 at 17:43

Lembrémonos tamén de todas as linguas maternas presentes nos centros educativos, o chinés, o árabe, o romanés, o portugués …, poida que sexa unha boa ocasión para que escoitemos algunhas palabras e contos na lingua materna de nenas e nenos e compañeiros nosos.

O dicionario infantil da Fundación Logos conta con palabras significativas para os nenos en 180 idiomas, coa súa escrita, pronunciación, definición e son.

Dispón tamén dunha biblioteca infantil con contos populares, fábulas e textos en distintos idiomas, que se poden escoitar e descargar en MP3.

Spotify

In MusicArte,TICArte on 01/02/2010 at 17:29

Para escoitar esa canción que precisamos na aula para traballar un ritmo determinado, para relaxar, para bailar, para cantar, e con moi boa calidade de son. Spotify é unha aplicación que permite a escoita de música vía streamig. A busca pódese facer por artista, álbum ou listas de reprodución creadas polos propios usuarios. É gratuíto. Tense acceso ás pistas de varias casas discográficas (Sony BMG, EMI Music, Warner Music, Universal Music, Hollywood Records, entre outras). Pódense crear listaxes de reprodución e compartilas ou editalas. O acceso é con invitación .