A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘plurilinguísmo’

Reggio 9ª: o plurilingüísmo

In InformArte on 14/04/2010 at 23:22

As asistentes preguntaron se nas escolas reggianas non se facía un achegamento á lingua estranxeira –inglés- e se era impartido por profesorado especialista ou por profesorado de infantil, o eterno dilema. A súa resposta foi que alí contaban con “mediadoras lingüístico-culturais”.

O incremento da presenza de nenos/as e familias de nacionalidade non italiana, fixo precisa a creación dun instrumento que lles ofrecera a posibilidade de participar plenamente na experiencia educativa do nido e da escola infantil. No curso 2005/06, púxose en marcha o proxecto “Cultura en xogo. Diálogo e mediación” e inseriuse a mediadora lingüístico-cultural no tramo 0-6, pero non limitada a intervencións esporádicas ou en resposta a emerxencias. As 7 mediadoras proveñen de Gana, Marrocos, Nixeria, China e Albania. Dedícanlle 8 horas semanais a cada centro que distribúen entre as actividades con nenos e as de atención e encontro coas familias. A presenza das mediadoras lexitima e valoriza no centro o uso de diversas linguas por parte dos nenos e das súas familias, ao mesmo tempo que a súa presenza dá voz á subxectividade dos nenos, axudándolles a comprender a e a expresar os seu pensamentos e sentimentos.

Non cremos que sexa preciso afondar máis, nin falar de valores, de inter e multiculturalidade, de respecto, de plurilingüísmo, de aceptación, de valoración,  de atención á diversidade …