A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘out’

Outubro

In ContArte on 01/10/2012 at 07:13
 
“En outubro, o vento
compón alalás
e orquestras aéreas
marcan o compás.
Cabalgan os músicos
aves musicais
ao trote de danzas
roldas e espirais.
O vento mareiro
interpreta un valse:
as follas de outono
despídense e vanse.”

Este é o poema de Antonio Rubio correspondente ao mes de outubro do “Almanaque musical”, fermosamente ilustrado por David Pintor e publicado por Kalandraka. Preséntase acompañado por un CD cunha escolma de Concertos para corda, de entre os que nós seleccionamos o “Concerto en si bemol maior para violonchelo”, de Boccherini. Paga a pena ter este almanaque con poesía, imaxe e música tan acaída a cada mes.

Noutras ocasións, para este melancólica época, tomamos a recomendación da nosa compañeira a especialista de inglés do centro con “Autumn leaves” na voz de Nat King Cole, Frank Sinatra, Barbra Streisand ou Edith Piaf.