A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘neurociencia’

Música, emocións e neurociencia

In MusicArte on 26/03/2012 at 07:04

“Somos criaturas musicais de forma innata desde o máis profundo da nosa natureza.”. Así o afirma Stefan Koelsch, profesor de Psicoloxía da Música da Universidade de Berlín, nunha entrevista concedida a Eduard Punset para o programa Redes, no que van debullando cuestións como a influenza da música nas emocións e nos estados de ánimo, a súa capacidade como elemento de cohesión social, e se somos criaturas musicais de forma innata ou aprendida.

Dá para moito reflexionar sobre o tempo e a calidade da experiencia musical na escola.

Desde esta ligazón accédese ao programa e á transcrición da entrevista.

Neurociencia, educación e pensamento contemplativo

In ActualizArte on 05/02/2010 at 19:41

Os capítulos 49 e 50 do programa televisivo “Redes” de Eduard Punset centráronse na confluencia de neurociencia, educación e pensamento contemplativo, con motivo da celebración do congreso “Educando ciudadanos para el mundo del siglo XXI”, en Washington DC, no outono de 2009. Entre os participantes, o Dalai Lama, Daniel Goleman e Linda Darling-Hammond. Tratan de dar respostas, entre outras cuestións, a como deben evolucionar os sistemas educativos para formar á cidadanía do futuro, que se debe contemplar na formación do profesorado, ou cal é a achega da tradición contemplativa budista á educación da infancia.

Capítulo 49: “Educar para fabricar ciudadanos”. Transcrición da entrevista a Linda Darling-Hammond e Robert Roeser.

Capítulo 50: “Meditación y aprendizaje”. Transcrición da entrevista a Linda Lantieri e Mark Greenberg.