A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘libros infatís’

Tic Tac

In ContArte,MusicArte on 07/03/2010 at 00:35

Escoitamos e lemos o novo libro-disco TIC-TAC de Kalandraka, que combina música e ilustración. As ilustracións realizáronse coa técnica do linogravado, cun resultado, distinto e orixinal.

Son 16 cantigas moi pegadizas todas elas, pero moi distintas do que decote se ofrece como música infantil. Tratan sobre o mar, os animais ou a natureza, con distintos ritmos, rock, jazz, soul, swing e latinos. O “Rock do porco celta” é insuperable. Velaí van uns fragmentos das cancións: “Tic tac”, “A choiva”, “No mar“, “O libro”, “O trasno” e “O moucho chosco”, gravadas na súa presentación no FNAC.