A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘libro dixital’

O libro galego no Día do Libro

In InformArte,TICArte on 18/04/2010 at 19:05

Uns apuntamentos para o Día do Libro.

Os galegos e galegas gastan unha media anual de 60€ en libros e publicacións periódicas, dez euros menos que a media estatal.

O volume de publicación anual é de 3.000 títulos, sendo o galego o primeiro idioma de edición.

O libro dixital está entre os retos de futuro para as editoras galegas. No “VI Simposio “O libro e a lectura” da Asociación Galega de Editores (AGE), analizouse a situación, perspectivas, formatos, problemas e oportunidades da edición dixital; no mesmo, Manuel Bragado de Xerais avanzou os seis tipos de edición dixital que se desenvolverán en Galicia, entre os que se atopan en primeiro lugar, os obxectos dixitais educativos e materiais curriculares dixitais. Para afrontar este reto a AGE xa iniciou nos pasados días un proceso de posta en marcha da plataforma tecnolóxica para o libro dixital.

Relacionado co anterior, facilitamos un vídeo, que aínda que ten connotacións publicitarias, é unha mostra de como interactúan os máis pequenos -nativos dixitais- con algo que a nós se nos escapa do entendemento, e para o que, de seguro,  teremos que facer bastantes horas de formación.