A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘cidades educadoras’

Cidades educadoras

In InformArte on 11/02/2010 at 22:31

Á vista dos traballos presentados polos distintos centros educativos no XI Salón do Libro de Pontevedra e que versan sobre a cidade, queremos afondar un pouco no proxecto internacional de Cidades Educadoras.

Cidades Educadoras, é unha organización e un movemento que se iniciou en 1990, con motivo da celebración do I Congreso Internacional de Ciudades Educadoras. Un grupo de cidades propuxéronse como obxectivo traballar conxuntamente e proxectos e actividades que mellorasen a calidade de vida dos seus habitantes. No mesmo redactouse unha Carta na que se recollen os seus principios de actuación. O concepto de cidade educadora integra esa visión de que a educación das xeracións máis novas é unha responsabilidade compartida por toda a sociedade no seu conxunto, non só tarefa exclusiva da escola. Entender a cidade (municipio, asociacións, empresas, tecido cultural, espazos, realidade social, cidadanía…) como axente educativo integra o coñecemento e a vivencia do territorio.

No preámbulo da Carta das cidades educadoras proclama “Hoy más que nunca la ciudad, grande o pequeña, dispone de incontables posibilidades educadoras, pero también pueden incidir en ella fuerzas e inercias deseducadoras. De una forma u otra, la ciudad presenta elementos importantes para una formación integral: es un sistema complejo y a la vez un agente educativo permanente, plural y poliédrico, capaz de contrarrestar los factores deseducativos. La ciudad educadora tiene personalidad propia, integrada en el país donde se ubica. Su identidad es, por tanto, interdependiente con la del territorio del que forma parte. Es, también, una ciudad que se relaciona con su entorno; otros núcleos urbanos de su territorio y ciudades de otros países. Su objetivo constante será aprender, intercambiar, compartir y, por lo tanto, enriquecer la vida de sus habitantes.”

En Galicia as cidades acollidas a este proxecto son: A Coruña, Betanzos, Ferrol, Pontevedra, Santiago, Sanxenxo e Vigo.

A Revista Participación Educativa do Consello Escolar do Estado, dedicou o seu nº 6 ás cidades educadoras; salientamos o artigo “¿Educa la Ciudad?” de Marina Subirats.

Achegamos tamén unha ligazón ao artigo “El papel de las instituciones locales en el sistema formativo integrado” de Fiorenzo Alfieri, coñecido pedagogo italiano, que puxo en marcha a iniciativa en Turín, e un dos promotores do movemento.

Visita ao XI Salón do Libro de Pontevedra

In InformArte on 11/02/2010 at 02:09

Salientamos o compromiso dos centros educativos da zona co Salón do Libro de Pontevedra, os traballos desenvolvidos polos escolares arredor do proxecto da cidade de Pontevedra son dunha calidade extraordinaria. Sen ánimo de ser exhaustivas, chamaron a nosa atención:

-A ambientación dos espazos “A cidade baixo terra” (ata ulía a cloaca) e “A cidade de noite”, realizada polo alumnado da ETL Paspallás.

-O proxecto do CRA de Vilaboa sobre os servizos que a cidade ofrece á comunidade.

-A espectacularidade da presentación a modo de quebracabezas do traballo do CEIP Vilaverde Mourente, “A cidade é un quebracabezas”.

-O colorido das ilustracións do libro presentado polo CPI do Toural, “A cor da cidade”.

-O proxecto sobre a sostibilidade do CEIP Manuel Cordo Boullosa, “A cidade sostible”.

-A compoñente afectiva, os vínculos que se establecen entre os cidadáns e os distintos recunchos da cidade de Pontevedra en “Saímos”, realizado por alumnado da ESO do IES Sánchez Cantón, así como unha minuciosa maqueta de lugares emblemáticos.

-Os proxectos desenvolvidos nos distintos niveis da EEI Concepción Crespo Rivas, entre eles: “Imos mercar”, “Onde vivimos”, “A cidade do futuro”, “Pasámolo ben”, “In my city you can see”, “Se fose alcalde ou alcaldesa”.

-A voz dos rapaces e rapazas do CEIP Amor Ruibal dicindo o que lle piden á cidade.

Consideramos que sería do interese de moitos e moitas docentes a publicación dos proxectos educativos que deron pé ao alí exposto.