A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘buscador refráns’

Refraneiro multilingue CVC

In TICArte on 28/02/2010 at 20:05

“Cando marzo maiea, maio marcea.”

“Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso.”

“Sol de marzo, sol de mazo.”

“Entre marzo e abril se non ven o cuco, quere vir a fin.”

“Nin marzo con flores nin moza sen amores.”

“Cando trona en marzo, aparella as cubas e o mazo.”

Este é un exemplo dos resultados que nos devolve o buscador do Refranero multilingüe do Centro Virtual Cervantes cando introducimos a palabra “marzo”. O Refranero multilingüe contén unha selección de paremias españolas populares, principalmente refráns e frases proverbiais, coa súa correspondencia en varias linguas.