A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘buscador libros’

SOL

In TICArte on 11/02/2010 at 22:31

Dado que estamos a falar de fomento da lectura, queremos recordar a existencia de SOL: Servicio de Orientación de Lectura infantil y juvenil, un “recomendador” de libros da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Nel, hai unha clasificación por tramos de idade, unha biblioteca familiar e un apartado para lecturas recomendadas. Publican un boletín de novidades editoriais que recibiremos mensualmente con tan só rexistrarnos. O buscador permite atopar libros por temas, xéneros, persoaxes, autor/a, ilustrador/a, editor e colección. Cada libro ten unha ficha cos datos técnicos, resumo, fragmentos, ilustracións e ata comentarios de lectores.

O Museo SOL recolle máis de 4000 imaxes de ilustradores e ilustradoras de libros recomendados en SOL. Para profesionais conta cun catálogo de actividades de fomento da lectura e un directorio completo con referencia a organismos, institucións, bibliotecas, editoriais e persoas relacionadas co mundo do libro e o lector.