A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘aplicación informática; xerador de contos infantís’

Deseñar un libro ilustrado

In TICArte on 24/02/2010 at 20:41

Picture Book Maker é unha aplicación que permite deseñar libros ilustrados en infantil, podendo elixir entre diferentes fondos, figuras en distintas posicións e variadas formas, engadindo o texto que desexemos. Se ben é certo que non dispón de moitas ilustracións, as variacións que se poden facer sobre un mesmo elemento -alonxar, achegar, variar posición, aumentar tamaño-, brindan unhas posibilidades interesantísimas para o desenvolvemento da creatividade e traballo coa lingua escrita.

Tikatok

In AlfabetizArte,TICArte on 16/02/2010 at 00:03

Tikatok é unha aplicación que lle facilita ao alumnado de infantil escribir en liña todo tipo de historias, contos, descricións etc…Dispón de imaxes e debuxos infantís para ilustrar a historia pero tamén se poden incorporar debuxos dos nenos. Vaise creando o libro engadindo texto e imaxes, e unha vez rematado pódese gardar,  e permitir que outros o vexan e imprimir. Hai formatos definidos para libros de aniversarios, de vacacións, de escola e familia, de xogos e deportes, de animais, princesas, fadas… Está en inglés.

StoryJumper é outra opción para crear libros a partir de debuxos e textos. En tan só sete pasos xa pode estar creada a historia coa posibilidade de engadirlle as ilustracións dos nenos e nenas. Posibilita a creación de mapas do tesouro, de calendarios, catálogos de disfraces, etc.