A nosa achega á educación infantil

Posts Tagged ‘adianto’

Avance

In InformArte on 01/02/2010 at 23:04

Facemos un pequeno adianto de cales serán os vindeiros temas a tratar, ademais das novas que vaian xurdindo no día a día e das experiencias de aula que vaiamos destacando. A lingua escrita, as matemáticas, a ciencia, a filosofía nas aulas de infantil, a lingua estranxeira, a educación emocional, a atención á diversidade, as rutinas de aula, terán un tratamento, ben a través de recomendacións de lectura, de opinións, de ligazóns, etc.

Dedicaremos unha atención especial a aqueles temas que a día de hoxe, máis nos preocupan: a coordinación dos servizos de atención á infancia, a coordinación entre ciclos, a avaliación e a participación da familia na educación dos fillos e fillas.

E seguiremos na mesma liña amosada ata o de agora, recomendacións de lecturas que nos pareceron interesantes, non necesariamente relacionadas coa profesión, e anuncios de accións formativas ou de innovación dirixidas ás persoas que traballan na educación infantil.