Currículo da cidade de Sao Paulo

img_5523.jpg

Tivemos a fortuna de recibir en Compostela a visita dun grupo de expertos na educación da infancia de Sao Paulo. Coma sempre, a mediadora destes encontros é Tais Romero; hai pouco avanzounos que os responsables da coordinación pedagóxica das escolas infantís da Prefeitura  querían coñecernos xa que logo, mercaron tres mil exemplares de “Fíos da infancia”, para empregar na formación dos sesenta mil docentes das catro mil escolas que integran a súa rede municipal.

BHXC3883
Con Cristiano Alcântara, coordinador pedagóxico da Rede Municipal de Sao Paulo.

Un galano en todos os sentidos, no humano, no relacional, no do intercambio profesional e como non, no cultural. Unha honra amosarlles a nosa querida cidade e un anaco de Galicia. As horas pasaron voando, cheas de proxectos e plans de futuro.

BUQF8780
Cristiano Rogerio Alcântara, AAB, IAB, María Carmen Silveira Barbosa, Janaína Lima, Silvana Lapietra Jarra, Laercio, en Fisterra.

Eles marcharon para o seu país con exemplares de “O latexo dunha aula de infantil”, á espera de que no mes de xullo estea traducido ao portugués por Phorte editorial. A nós, deixáronnos dúas xoias:

“O currículo da cidade de Sao Paulo”

Nós que participamos na redacción de dous currículos educativos de EI en Galicia, rendémonos perante este. Nunca leramos un currículo tan coidado en todo aquilo que é importante, mesmo nos detalles polo miúdo. Actual, integrando as consignas dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible da UNESCO e os Indicadores de Calidade da EI Paulista. Optaron por facer os movementos de organización curricular prestando importancia á continuidade entre Infantil e Fundamental (a partires dos 5 anos); dar relevancia ao protagonismo infantil ao tempo que ao protagonismo docente, nunha interdependencia sen subordinacións; dar visibilidade aos bebés; e respectar a historia da Rede Municipal de Educación considerando as súas historias, conquistas e mesmo disonancias. Quixeron ademais, evitar un receitario, axudar á reflexión docente sen ser prescriptivo e contemplar realidades moi diversas.

Estrutúrase en:

  1. A escola como espazo social da esfera pública.
    1. Os territorios como elementos da vida común.
    2. Os principios fundamentais.
    3. A matriz dos saberes.
    4. Compromiso coa educación para a equidade, a educación inclusiva e a educación integral.
    5. A democracia na vida e nos procesos educativos.
  2. Bebés e nenos na cidade de Sao Paulo: as interaccións e xogos como principios para a acción pedagóxica nas unidades educativas.
    1. As interaccións como modos de ser e de estar no mundo.
    2. O xogo como experiencia de cultura.
    3. Linguaxes e prácticas culturais.
  3. A reinvención da acción docente na educación infantil.
    1. O cotián vivido e reflectido.
    2. Proxectos: exploracións e pescudas na vida cotiá.
    3. A documentación pedagóxica.
  4. Articulando a educación infantil e os anos iniciais do ensino fundamental.
    1. Que dimensións integran a educación infantil e o ensino fundamental.
    2. A integración curricular.
    3. As diferentes transicións.
  5. A xestión democrática e a implementación do currículo.
    1. Xestión democrática: currículo e proxecto político pedagóxico.
    2. Políticas públicas en defensa da educación.

Acompáñase todo ilo con cincuenta escenas cotiás que ilustran todos os apartados así como de fotografías, sínteses e gráficos. Entran en detalles como son as celebracións, os agasallos para o día do pai/nai, a actividade cotiá, tipo de materiais, organización de espazos, relación con familias, etc.

O dito un currículo coidado e exemplar que será o referente doutros moitos. Pódese acceder a el desde esta ligazón.

“Fazeres de professores e de gestores da escola da infância. Reflexôes sobre cenas co cotidiano”

Este libro publicado no 2019, coordinado por Ligia de Carvalho Vercelli e Cristiano Rogerio Alcântara, cada un dos seus capítulos foi escrito por mestres ou xestores directamente involucrados nas escolas que nos fan partícipes das súas experiencias e das reflexións ás que dan lugar. Así abordan:

-Unha mirada sobre o período de adaptación e o uso dos obxectos transicionais.

-Escoitar aos bebés e aos nenos nas súas experiencias sensibles, corporais, sociais, culturais e científicas.

-O xogo heurístico como un potencial de descubertas na escola da primeira infancia.

-Os espazos do xogo como elementos do proceso de aprendizaxe na educación infantil.

-Relación familia-escola: o café da mañá en conxunto.

-A reunión de pais como elemento de integración entre as familias e a escola.

-A cultura como forxadora de identidades persoais e colectivas na educación infantil.

-A escola de educación infantil como espazo social da esfera pública.

-O papel da xestión escolar en base da documentación pedagóxica producida polo profesorado de educación infantil.

-A atención educativa especializada á procura de tempos e espazos escolares que promovan a interacción con un pequeno con TEA.

En ambas publicacións participaron algunhas das expertas e profesionais da educación infantil que nos visitaron, porén dispuxemos de tempo para poder partillar sobre aquilo que tanto nos preocupa a todos, independentemente de que sexamos galegos ou brasileiros.

No mes de xullo, teremos ocasión de visitar algunha desas escolas. Xa daremos conta de todo canto aprendamos desa experiencia.

TFWD6529

1 Comment

  1. ¿Hola como estas? Mi nombre es Ana Lucía, soy maestra de educación infantil temprana aquí en Brasil en São Paulo.
    No conocía InnovArte Educação Conocí a las hermanas Ángeles e Isabel Abelleira en el Viaje Pedagógico de la ciudad de São Paulo y sus maravillosas obras con el Libro: Los hilos de la infancia. Entonces salí a investigar, ingresé al sitio web de InnovArte y vi textos y experiencias, un cuidado especial que tienes con la educación de los más pequeños.
    Ahora estoy leyendo el libro: Fios da Infância ya que estaba muy interesado en el desarrollo de estos FIOS a seguir en la educación.
    Felicitaciones por su preocupación con la educación y la iniciativa de publicaciones. Quién sabe si algún día puedo hacerles una visita. Quién sabe soñar no es imposible.
     

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s