A nova ruralidade e a educación

73190182_108791337213665_1842749005314916352_n

Nos pasados días tivo lugar no mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil o Ourense Rural Summit, un foro abeirado á creación do RIO, o International Observatory of Rural Research no que máis dun cento de expertos internacionais do medio rural, convocados pola Deputación e a Universidade de Vigo, buscaban ideas para definir como deber ser a Europa do futuro, nomeadamente a Europa rural.

O RIO terá como obxectivos preparar e desenvolver proxectos colaborativos de investigación, cooperación e innovación relacionados co medio rural, coa participación dos investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo co fin de dar resposta ás necesidades sociais máis importantes do mundo rural; e organizar e actividades científicas, tales como: congresos, cursos, conferencias, simposios ou seminarios, a diferentes niveles e cuxos resultados sexan de aplicación para contribuír ao desenvolvemento do rural. Porén, ao longo de tres xornadas, as persoas participantes no Summit cun enfoque interdisciplinar definiron conxuntamente os retos para a aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable no rural europeo e co-deseñar as liñas estratéxicas do RIO, International Observatory of Rural Research.

Entre outras actividades tivo lugar un Open Space, unha tecnoloxía social para a activación da intelixencia colectiva dos expertos reunidos no OURS. Consiste na co-creación da axenda do día a través de temas propostos polas propias persoas participantes nela e enmarcada baixo unha pregunta paraugas: Que temas, ideas ou proxectos son fundamentais explorar neste Summit para contribuír á creación do RIO International Observatory of Rural Research.

Nós fomos convidadas a participar nos grupos de traballo para a elaboración de propostas relacionadas cunha rede de espazos educativos/formativos rurais, xunto con outras persoas expertas en iniciativas de educación, entre elas Antonio Rodríguez Corbal do CDR O Viso na Limia, Paz Gonçalvez da escola bosque Amadahi e EDNA ou Xosé Manuel Cid da U.Vigo. Un debate en positivo vendo o potencial do rural no ámbito educativo e formativo ao que se dará continuidade en breve.

OIKR9515

Resultou sumamente interesante e esperanzador ver como se foron construíndo posibilidades froito da suma de coñecemento experto de ámbitos do máis diverso, focalizando todos a atención no futuro posibilista do rural.

Na clausura do evento, a promotora do OURS, a vicerreitora Maribel Doval explicou que neste encontro se marcaron para o observatorio seis grandes metas como son: a transición ecolóxica e xusta; a atención integral ao envellecemento; o cambio demográfico e o despoboamento; o desenvolvemento intelixente dos territorios; a calidade e seguridade alimentarias e comunidades igualitarias e inclusivas.

Do encontro saíu a Declaración de Santo Estevo de Ribas de Sil por unha Axenda Rural Europea, na que os asinantes estableceron seis medidas prioritarias así como a necesidade da creación dunha axenda rural europea que actúe como marco de acción para o deseño das políticas do medio rural.

Unha grande iniciativa á que lle damos os nosos parabéns e os mellores desexos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s