Neve quente

A celebración dos aniversarios non fai máis ca traernos agasallos inesperados. Nesta ocasión un neno quixo expoñernos o seu gusto pola neve, da que goza cando viaxa á vila dos avós zamoranos, de modo que no porexpan colocaron escenas familiares en paisaxes nevados. Asemade, quixo facerlle unha demostración aos compañeiros de como simular neve con tres cueiros e auga.

Feita a súa proposta, todos quedamos desconcertados; os pais xa tomaran a precaución de enviarme unha ligazón a un vídeo co proceso.

Insistiunos moito en que había que cribar moi ben as boliñas que están no medio do algodón do cueiro, xa que logo son elas as que logran ese efecto.

IMG_4695

Con todo, quixemos comprobar se malia todo o algodón non semellaría ás folerpas, emporiso preparámolo noutras cubetas ás que tamén se lle engadiu auga.

Engadimos líquido e xa de inmediato comeza da solidificar e ao remexer mesmo parece unha nevarada.

Fomos tocando e a sensación é húmida, fresca, non compacta pero, por suposto, a temperatura ambiente, porén os nenos comezaron a dicir que era neve quente.

Desta mañá, destacamos a coidadosa preparación da familia para que o neno puidera explicárllelo aos compañeiros; a rigorosidade “cuasi científica” da exposición, a expectación dos asistentes, así como toda a experiencia de traballo coa vista e co tacto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s