Singularizándose no grupo

IMG_2867

Continuación de celebrando os aniversarios co xornal.

Na liña de querer facer dos aniversarios unha data especial, na que cada neno e nena se sinta protagonista e único, falamos a comezo de curso coas súas familias para solicitar a súa colaboración para que lles axudasen a plasmar nunha intervención os seus gustos e afeccións.

img_4255.jpgdefault

Con tal motivo e como soporte mercáronse unhas placas de porexpán, non é que sexa a que opción que máis nos gusta por motivos obvios, pero había que buscar algo que fose doado de atopar para as familias e non demasiado custoso. Sobre elas e coa axuda das familias, nos días previos á data do aniversario, pegan, insiren ou penduran elementos que lles recorden aquelas cousas que os fan felices, que lles gustan moito ou coas que se senten máis unidos aos seus familiares.

img_4220.jpg

Agora van chegando á aula e non deixan de sorprendernos. Temos miniexposicións de temas do máis variados que fan que cada un deles sexa diferente e singular de entre todo o grupo. Á vista deles non hai dúbida, son o reflexo de personalidades ben distintas que gustan de coñecer as bandeiras dos países, os deportes, os planetas, as bolboretas, as flores, maquinaria de xardín, a Patrulla Canina, etc.

img_4370.jpg

img_4196

No día do aniversario cada neno ou nena trae a súa montaxe e expónllela aos compañeiros con explicacións coas que amosan os seus coñecementos específicos sobre este tema. Estamos marabillados cos motivos que os levaron a esas inclinacións e cos saberes que posúen sobre elas.

img_4479.jpg

img_4252

img_4321.jpg

Está sendo unha fonte de aprendizaxe para todo o grupo ao tempo que un modo de singularizarse fronte aos iguais.

img_4219

Ao remate de curso teremos vinte e cinco reflexos inconfundibles da personalidade e dos saberes de cada un deles.

img_4225

img_4224.jpg

img_4221

img_4223.jpg

default

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s