A nosa achega á educación infantil

Archive for 2017|Yearly archive page

O mestre que prometeu o mar

In ActualizArte on 12/12/2017 at 16:00

9788498016949

“Esta es la historia de una promesa incumplida, la que hizo un maestro a sus alumnos. El maestro era Antonio Benaiges. Los alumnos eran los niños de la escuela rural de Bañuelos de Bureba, un pueblo de la provincia de Burgos. La promesa la hizo un día de invierno del año 1936. Les prometió el mar…”

Chega a nós da man da nosa compañeira Marina, un fermoso libro titulado “Antoni Benaiges. El maestro que prometió el mar”, da colección [Desenterrando el silencio]. Nel os textos de Francesc Escribano, Francisco Ferrándiz e Queralt Solé acompáñan as fotografías de Sergi Bernal, quen en agosto de 2010 puido documentar graficamente a apertura dunha fosa común nos montes de La Pedraja, cando alguén o advirte de que entre aqueles cen corpos podería estar o dun mestre catalán que traballara na vila a mediados da década de 1930. Tras isto púxose a investigar dándolle forma a unha singular biografía e a dar resposta a: Que facía un mestre catalán nunha modesta escoliña dun pobo de Burgos? Como se recibiu nun entorno rural unha innovadora técnica pedagóxica  baseada no uso da imprenta? Como conseguiron uns sinxelos cadernos escritos por escolares retratar a vida cotiá da poboación? Por que Benaiges non chegou a cumprir a súa promesa de amosarlle o mar aos seus alumnos?

A súa lectura apórtanos máis información sobre unha etapa desgarradora da nosa historia recente, e tamén sobre a escola republicana, a técnica Freinet, os seus principios pedagóxicos e a súa difusión en Cataluña. Pero por enriba de todo lévanos a pensar que ao mellor deberíamos redimensionar ou repensar:

  • o concepto e alcance das innovacións educativas actuais
  • o que entendemos por compromiso social do profesorado
  • como se crean as verdadeiras redes de renovación pedagóxica

Todo o que queda hoxe en día de Antoni Benaiges cabe nunha caixa de cartón, unhas fotos en branco e negro e trece cadernos froito da imprenta Freinet que mercou cando lle deron a de mestre en Bañuelos de Bureba. Grazas á imprenta os nenos convertéronse en cronistas da vida do pobo, nos aque además dos textos dos alumnos, hai refráns, cancións populares, observacións meteorolóxicas ou cartas con outras escolas ás que lle mandaban exemplares dos seus cadernos.

No primeiro artigo que Benaiges publica nunha revista da Cooperativa Freinet en España, transcribindo textos do seu diario persoal, relata como viviron a chegada do esperado paquete da imprenta. Fala do balbordo que suscitou:

“Desorden. Trato de imponerme. ¿Pero por qué turbar un momento tan lleno de vida? Además la culpa era mía. Renace la calma. Al terminar la clase todo ha quedado debidamente distribuído. Mañana arreglaré la prensa y haremos algunas pruebas. Y enseguida el periódico. Le llamaremos “Gestos”. Gesto es carácter. Expresión libre. Matiz. Vida. Atributos de la escuela.”

Do seu proceso de traballo:

“Los niños hacen su vida normal. Juegan. Rien. Cantan. Corren. Saltan la huerta. Se caen del mulo… Toman parte en las fiestas, costumbres, ritos… En la vida del niño hay material abundante para el propósito que nos guía. Yo, el maestro, procuro recoger ese material. Lo más espontáneo posible. Que chorree. Unas veces se refiere solamente a la vida de uno o más niños. Otras, a la vida del pueblo en general. Igual interesan.”

E do seu ideario:

“El periódico no es un fin, es un resultado. (…) No usamos otro. Porque vamos al sentido profundo de la libertad. Sentido vital. El papel rayado es pauta. La pauta es conducción. O lo que es igual, dejarse llevar. (…) El niño, para ser educado, necesita camino libre, trazarse por sí mismo la trayectoria de sus actividades. ¿Qué con papel sin rayar el niño escribe torcido? Mejor. Un motivo más para mejorarse yendo derecho. Dejémosle.”

Tras rematar a lectura deste libro non queremos máis ca recomendalo porque este freinetista practicante e convencido, de seguro que nos daría leccións de maxisterio, de humildade e de práctica reflexiva aos innovadores de hoxe en día.

20140712173846_MAR_MAESTRO_120714

Para ver un avance da publicación, así como un vídeo cunha montaxe das fotografías de Sergi Bernal e os textos dos nenos recollidos no cuaderno “El mar. Visión de unos niños que no lo han visto nunca“, que acompaña o libro.

Advertisements

Biblioteca para nais e pais

In FamiliarizArte on 07/12/2017 at 10:22
Matej Kren

Imaxe de Matej Kren

Cada vez máis, detectamos o desconcerto das familias canto ao modo de educar aos seus fillos/as. Xa non saben ben a quen facer caso: opinións de todo tipo de expertos, modelos de parentalidade totalmente diferentes, informacións contraditorias na rede, gabinetes psicopedagóxicos de moi variada orientación, métodos “infalibles” para a disciplina, para as emocións, para o sono, para a estimulación das intelixencias, para todo tipo de problemáticas (aquí cumpriría facer unha observación: convértese en patoloxía ou síndrome calquera trazo da personalidade infantil). E o peor é que toda esta abondosa gama información case sempre entra en confrontación co que os titores e titoras escolares lles din dos seus fillos, o que lles deixa un pouso de incredulidade.

Houbo un tempo no que as escolas de pais/nais eran unha iniciativa sempre ben acollida polas familias. Hoxe en día a falta de tempo, as présas, os horarios imposibles dos seus traballos ou das actividades dos fillos, farían moi difícil volver a elas. Faise precisa a orientación buscando outras canles coñecendo ben o perfil, inquedanzas e dispoñibilidade das familias ás que nos diriximos, xa que logo non vale o mesmo en todas as escolas; cada unha debe artellar as estratexias para que a corresponsabilidade educativa familia-escola sexa real e efectiva.

Recomendacións para familias vía web, folletos informativos elaborados polos equipos de orientación son algunha das opcións, outra serían suxestións de lecturas do seu interese en función daquilo que os preocupa nun determinado momento. Lecturas si, pero, de que tipo? Porque hai de todo publicado, desde os modelos máis autoritarios, disciplinarios, condutistas aos que defenden a educación dos pequenos coma un laissez-faire, un deixar facer con total liberdade individual de elección e de acción. E aquí entraría o noso criterio profesional, como expertos formados na educación dos máis novos. Loxicamente, recomendacións de lectura en coherencia co estilo educativo do centro.

Esta é a iniciativa que se puxo en marcha neste curso académico no CEIP A Maía de Bertamiráns (Ames), o equipo de biblioteca escolar fixo unha rigorosa escolma de libros do interese das familias concordantes co sentir educativo do claustro, e tralo anuncio desta nova prestación escolar, todos os luns, día de titorías, os pais/nais poden pasar pola biblioteca en horario de tarde a collelos en préstamo por quince días.

Polo de agora, pese ao escaso período de implantación xa se pode considerar un éxito, de modo que se fai preciso incrementar o número de exemplares e os folletos informativos coa oferta dispoñible.

O pasado luns, os xornais galegos El faro de Vigo e La opinión da Coruña facíanse eco da nova nun artigo asinado por Selina Otero, e dende algunhas institucións xa se brindaron ao centro para fornecer esa biblioteca de pais e nais.

AMaía (1)

biblioopinión

Patios verdes e escolas abertas á natureza

In ActualizArte on 06/12/2017 at 11:23

A nosa última colaboración coa Revista Latinoamericana de la Educación Infantil na sección En la Red, xira entorno á renaturalización das escolas, así na escolma que facemos de espazos web interesantes para a educación infantil, salientamos o traballo dos colectivos El nou safareig, El patio que queremos, Children&Natura Network e a do grupo Bambini e Natura.

Fuente: El nou safareig

Si bien hace poco tiempo las redes sociales se llenaban de mensajes demandando más contacto entre la infancia y la naturaleza al tiempo que nos alertaban de los peligros de que esto no sucediese, afortunadamente, hoy en día se colman de reportajes sobre escuelas que han decidido dar un giro hacia lo verde. Es por ello que, una vez más, nos hacemos eco en esta sección de eses movimientos tan inspiradores y esperanzadores.

Fuente: El pati que volem

A finales de 2016 tuvo lugar en Austria el congreso internacional “Educación, tierra y naturaleza”, con el objetivo de promover redes entre diferentes países europeos para introducir estrategias que incrementen la conciencia de ser sujetos de un ecosistema, promoviendo un comportamiento respetuoso con el medio al tiempo que se consigue el bienestar, la competencia y la autonomía. Se presentaron allí, docenas de comunicaciones de comunidades locales y de centros educativos que ya tomaron la decisión de poner a los niños con los pies en la tierra, bien transformado los patios de hormigón en hermosos jardines, haciendo lavaderos, huertos, cocinas en el exterior, escondites y cabañas en las que procurar la intimidad, así como rincones en los que descansar, leer o jugar. Se observa que todos ellos coinciden en la búsqueda de esa autenticidad de la que están precisados los más pequeños (todos nosotros), objetivo muy elevado y complejo, para lo cual ya comenzaron a dar pequeños pasos de los que todos podemos aprender, máxime cuando ponen su experiencia a disposición a través de la red, tal como hacen El nou safareig, El patio que queremos, Children&Natura Network o el grupo Bambini e Natura.

Fuente: Bambini e Natura

De estos últimos tomamos el Manifiesto AFUERA en formato cartel ilustrado -ya traducido al castellano por el colectivo catalán Safareig-, una declaración de intenciones y de las razones que nos pueden llevar a la búsqueda del contacto directo con la naturaleza. Ponerlo en un lugar bien visible o zona de paso de toda la comunidad puede ayudar en esa labor de sensibilización de cara a la naturaleza como llave de todo conocimiento, de disfrute y de vida saludable.

afuera-castellano-pe

Destacables también son los decálogos de escuelas y de familias abiertas al exterior, que recogemos a continuación y con las que cerramos esta colaboración con el deseo de que suscite una reflexión que lleve a la acción renaturalizadora a muchas más comunidades educativas.

Ler  o artigo completo.

Fuente: Children&Nature Network

Infancias. Educar y educarse

In ActualizArte on 06/12/2017 at 09:54

Infancias

Hai libros necesarios. Esta afirmación non se pode aplicar a todos os libros, tan só a uns escollidos, tal é o caso de Infancias. Educar y educarse, de Vicenç Arnaiz e Mari Carmen Díez Navarro, que vén de publicarse na editorial Graó.

Esa consideración radica no feito de que é unha obra que nos reconcilia coa nosa labor, coa que ás veces entramos en confrontación por motivos alleos e tanxenciais: a burocracia, as presións sociais ou as diferenzas irreconciliables entre o que pensamos, o que facemos e o que dicimos facer.

A nós este libro veunos como caído do ceo, xusto nun momento no que tralas presións documentais de comezo de curso veñen as de remate de trimestre, facéndonos pensar que non somos máis ca cumpridores fieis dos requirimentos normativos, sendo máis papistas ca o Papa, chegando ao extremo de aforcarnos coa nosa propia corda. O papelame non é a nosa principal función, así e todo é pola que seremos xulgados.

Dicíamos que Infancias é un bálsamo, un reconstituínte, así o expuxemos nunha recensión que fixemos del para a Revista Latinoamericana da Educación Infantil que deseguido recollemos.

Las personas que somos seguidoras de columnistas de opinión de los periódicos, entendemos que a veces estamos asistiendo a la lectura de un libro por entregas, aunque no esté aún redactado. Cuando empatamos con el sentir y con el discurso del articulista es como si mantuviésemos una conversación en la distancia. Cuando seguimos a alguien esperamos casi con ansiedad su opinión sobre los temas del momento y valoramos especialmente la capacidad de reunir en un número limitado de caracteres esas claves que nosotros intuímos. Me agradan las columnas que me dan otro enfoque permitiéndome ver facetas para mi ocultas o las que me dejan barruntando durante horas sobre una sentencia sencilla, que por obvia posiblemente no había considerado. Lo negativo de las columnas de opinión es que las consumimos en el momento y luego es muy difícil volver sobre ellas salvo que seamos coleccionistas de recortes (hoy archivos o enlaces), o que ejerzamos de detectives en las hemerotecas. Por ello, siempre me felicito cuando alguno de mis columnistas de cabecera reúne en un libro esas píldoras que tanto bien me han hecho en el pasado, máxime si vienen enriquecidas con otros componentes.

Debo confesar que el día que llegó a mis manos “Infancias. Educar y educarse”, fue para mí como un bálsamo que mitigó los sarpullidos y erupciones que a veces nos atacan haciéndonos perder la esperanza en la escuela. De tal modo cuasi terapéutico empecé a leerlo y ya no pude dejar de hacerlo porque en cada capítulo veía la respuesta sensata a mis desvelos. En efecto, tras su lectura se puede llegar a la conclusión de que educar es mucho más sencillo de lo que lo hacemos con tanta burocracia de por medio; requiriendo tan sólo de capacidad de escucha, de diálogo y de cuidado (con la palabra, con el gesto, con el corazón y con el interlocutor).

Como expone en el prólogo Vicenç Arnaiz, este libro recoge una selección de escritos publicados por Mari Carmen Díez Navarro y él mismo en sus respectivas columnas de los diarios Información de Alicante y Menorca, ahora reunidos en tres capítulos: “Escuchar a la infancia”, “Familiarizar a la educación”, “Educar y educarse”, enriquecidos además con una acertada selección de fotografías que han sido comentadas por amigos de ambos, entre otros: Álvaro Marchesi, Beatriz Trueba Marcano, Remedios Picó, Cristobal Gómez Mayorga, Javier Abad y Ángeles Ruiz de Velasco, Monserrat Antón, o nosotras mismas, las hermanas Abelleira.

Los lectores que hemos disfrutado con los libros de Vicenç Arnaiz y de Mari Carmen Díez Navarro, intuímos que siendo diferentes personas que mantienen distinta relación con las infancias (he aquí una de las claves: no hay una única infancia), teniendo estilos diferenciados, en el fondo comparten una sintonía común. Sería osado y limitador concretarla solo en la bondad de la mirada, en el optimismo sobre la educación, en la sencillez de sus relatos preñados de ricos mensajes o en el zoom de su objetivo siempre presto a captar esos momentos únicos y entrañables. Sea como fuere, es un acierto que hayan decidido reunir los artículos de los dos porque el lector mantiene una conversación a tres bandas, escuchando las inconfundibles voces de Vicenç y de Mari Carmen hablando sobre los grandes bloques en los que han agrupado sesenta artículos.

Tengo la tentación de reproducir aquí artículos completos, algo que no me puedo permitir por el espacio de esta recensión nin por ética editorial, pero creo que apuntando algunos de sus sugerentes títulos puede ser más que suficiente para que puedan comprender la riqueza que encierra esta publicación, una reflexión educativa en toda regla, escrita con un estilo muy fresco y ágil tal y como corresponde a su destino inicial, un diario. He aquí una pequeña muestra:

  • Niños, infancia, infancias.
  • El maestro con espacio interior disponible.
  • Nacer en diciembre o en enero.
  • ¡Para eso estamos los maestros!
  • La pobreza en el relato escolar.
  • Los niños que se mueren sin haber nacido.
  • Niños mascota.
  • Escuelas con las puertas abiertas… ¿sólo por un día?
  • La bondad educa.
  • Mi abuelo lleva pañales.
  • Lo siento de corazón.
  • Como los pollos de granja.
  • Del yoyo al dron.

Si bien todos los artículos tienen su savia y su sabiduría, los tres últimos son una lección magistral sobre lo que es educar y ser maestro o maestra. Vicenç en “Educar, dar lo mejor de uno mismo” y Mari Carmen en “La bolsa negra” y “¿Cómo ha de ser un buen maestro?” dejan buenos textos para reflexionar tanto en la formación inicial como en la del profesorado en ejercicio, pues nos hablan sobre lo que estamos olvidando, lo básico y esencial en nuestra profesión.

Tras la lectura de “Infancias. Educar y educarse” te sientes como el invitado de una pareja bien avenida que te ha recibido en su casa para pasar una tarde de risas y de conversaciones espontaneas pero no banales. Su compenetración y equilibrio es tal que uno abre la puerta de la casa y el otro la cierra. Así le corresponde a Mari Carmen el epílogo en el que deja constancia de su satisfacción por el resultado de este libro escrito a dos voces, porque supone mirar lo que va pasando pero con alguien: juntos y entremezclados, en masculino y en femenino, en singular y en plural, en prosa y en verso.

 

Temperatura corporal

In EncienciArte on 30/11/2017 at 15:38

img_8185.jpg

Tras dedicarlle un tempo ao rexistro da temperatura exterior e interior, decatámonos de que esta última se incrementaba moito máis rápido, ao que tratamos de buscarlle explicación: a calefacción, o sol batendo nas cristaleiras e como non, ao calor que nós desprendemos. Todos tiñan unha idea aproximada da calor corporal, aínda que non sabían dos seus valores habituais. Sabían tamén que as subidas de calor eran indicadores da febre.

Emporiso, en primeiro lugar fixemos estimacións da calor corporal duns e doutros, comparándoo co propio, método tradicional e popular para notar a febre. E logo xa empregamos os termómetros clínicos dixitais, aínda que lles amosamos un dos de mercurio máis similar aos xa coñecidos de exterior.

E así fomos mirando a temperatura corporal de cada un e rexistrándoa para acadar unha media ou deducir cal é a normalidade.

Antes de nada fíxose preciso ler as instrucións do termómetro pois coñecían varias opcións sobre onde colocar o termómetro: axila, boca ou recto. Optamos loxicamente pola primeira. E logo soubemos dos chíos que indicaban a finalización da medición e mesmo da alarma de febre.

Tan entusiasmados estaban que decidimos propoñer como tarefa tomarlle a temperatura a todos os membros da familia.

Destas medicións, saíron observacións moi interesantes: quen tiña a temperatura máis alta da casa, quen a máis baixa, se isto tiña algo que ver coa constitución física o co calor da casa (por que non todos a mesma), se os irmáns mellizos/xemelgos (dos que hai cinco na aula) tiñan a mesma temperatura, a escrita dos números dixitais, etc.

Ata houbo quen lle fixo medicións a Pako, ao can da familia, o que nos levou a confirmar a sensación de caloriña que sempre temos ao tocar aos animais domésticos (cans, gatos, pitiños), xa que logo, eles teñen a temperatura corporal un chisco máis alta ca nós.

Temperatura exterior-temperatura interior

In EncienciArte on 29/11/2017 at 13:16

img_8171.jpg

Nestes días de baixadas bruscas de temperatura, xeadas ou nevaradas en zonas de Galicia e ao tempo ceos solleiros, os pequenos estaban totalmente desconcertados, non podían entender que lucira o sol e fixera frío á vez.

Así decidimos dedicarlle atención aos instrumentos de medida de temperatura, ás previsións meteorolóxicas e á observación dos cambios ao longo da xornada. Para iso sacamos toda a nosa colección de termómetros, estacións meteorolóxicas, reloxos con sensores de temperatura, termóstatos e ata o noso omnipresente galo de Barcelos. Igualmente supuxo a procura de termómetros presentes no seu entorno cotiá (rúas, establecementos comerciais, automóviles, vivendas, teléfonos…) buscando a coincidencia das súas medicións.

Fixemos un rexistro do incremento de temperatura-exterior-interior ao longo da sesión de mañán, e comprobámos que co noso corpo tamén podíamos percibir se facía máis ou menos frío e como isto se fai visible co bafo que nos sae pola boca ou nariz.

Tamén reparamos nos recursos que temos para combater o frío nas casas, facendo unha enumeración dos coñecidos para logo comprobar nos seus fogares cales eran os que empregaban.

Mesmo buscamos maneira de facer un termómetro caseiro, pero non nos resultou moi fiable.

Vivir as matemáticas

In ReflexionArte on 07/11/2017 at 07:33

IMG_7041

Asisto con estupor ao desembarco das dúas “metodoloxías innovadoras” de moda –que nin son metodoloxías nin innovadoras-, que agora dan título e contido a unha morea de actividades formativas, cursos, charlas e grupos de traballo: as matemáticas ABN e a robótica en infantil. Aínda que xa hai un tempo que veño escoitando cantos de serea deses dous fenómenos emerxentes, ata o de agora non quixen dedicarlle tempo pois pensei que serían tan efémeros coma outros predecesores, pero ao parecer a cousa vai a máis e quizais cómpre poñer o foco sobre eles. En ambos casos a xustificación que se fai da súa arribada á educación infantil é do grande aporte que supoñen ao coñecemento matemático dos máis pequenos, sumado a que como se desenvolve tan “exitosamente” en niveis superiores, é bo adestrarse neles xa dende o momento da entrada na escola.

Cóntanme dunha papelería que agora no lote de material que se lle pide aos nenos de entre 3-6 anos non pode faltar unha caixa de palillos e un caderno de matemáticas, así como que na dotación de aula uns robots que ata teñen cabida nas bibliotecas escolares…, vivir para ver, así nos vai coas matemáticas e coa lectura!  Responsabilizo disto á formación do profesorado, a quen é capaz de xustificar un sensentido en base ao currículo, e tamén a quen cala e outorga, deixando facer “innovacións” dese calibre, quizais seducidos polas estratexias de marketing coas que se adobían.

Onte vin a un pequeno dando chimpos, e pensei que era un desas brincadeiras de calquera neno da súa idade, o que me sorprendeu foi que ao preguntarlle que facía díxome que estaba sumando, que xa sabía sumar porque as sumas facíanse saltando. Podería pensar que era unha desas confusións que ás veces teñen os cativos, pero como xa me introducira no divertido mundo do “algoritmo” de contado me decatei de que na súa escola seguirían o método e traballarían coa “recta numérica”, como pomposamente gustan de chamar a unha alfombriña que seica dota aos pequenos de toda a sabedoría matemática xunto con moreas de tuppers cheos de tapóns e de atados de decenas de palillos.

Como estou moi desconectada das innovacións educativas, primeiro quixen informarme sobre a xustificación didáctica e pedagóxica destas modas, tralo cal, fun dereitiña á miña biblioteca para desintoxicarme e botei man dos meus referentes no eido das matemáticas, de cada un dos cales deixo aquí unha pequena cita:

El niño reinventa la aritmétrica, de Constance Kamii publicao en Visor de libros en 1986.

“La tercera razón reside en que los procedimientos que los niños inventan surgen de lo más profundo de su intuición y de su manera natural de pensar. Si favorecemos que ejerciten su forma genuina de pensar, en lugar de exigirles que memoricen reglas que para ellos carecen de sentido, desarrollarán una base cognitiva más sólida y una mayor seguridad. Los niños que se sienten seguros aprenden más a largo plazo que aquellos que han sido instruidos de un modo que les hace dudar de sus propios razonamientos.”

Repensar el aprendizaje de las matemáticas. Matemáticas para convivir`comprendiendo el mundo, de Carlos Gallego Lázaro en Graó, 2005

“Las experiencias matemáticas son adecuadas cuando convierten los procesos de aprender en procesos sociales de elaboración, de descubrimiento o de invención sobre situaciones reales que estén reguladas por continuas evaluaciones del progreso.”

Vivir las matemáticas, de María Antonia Canals publicado en Octaedro-Rosa Sensat en 2001.

“Podemos afirmar que en todas las experiencias de la vida de los niños se hallan presentes los elementos necesarios para hacer matemáticas, mejor dicho, los elementos capaces de desencadenar esta acción. Estos elementos se refieren siempre a los aspectos siguientes: cantidades de elementos y acciones entre ellos, formas y posición de los objetos y magnitudes físicas mensurables. También en todas las experiencias vividas hay aspectos de organización y de estructura lógicas. Todo esto es lo que hace que podamos afirmar que en toda experiencia vivida hay potencialmente una actividad matemática. (…)

En definitiva, para que la actividad de una persona pueda denominarse como propiamente matemática es necesario que la experiencia haya implicado y puesto en funcionamiento su pensamiento lógico.

De seguido volvín ler o currículo de educación infantil,

Bloque 1. Medio físico: elementos, relacións e medida. Este bloque recolle os contidos que potencian o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático a través dos cales a nena e o neno intentan interpretar e comprender o mundo, favorecendo as nocións de tempo, espazo, causalidade, cuantificación e a resolución de problemas que se presentan na súa vida cotiá. Así, para coñecer e comprender como funciona a realidade, a nena e o neno indagan sobre o comportamento e as propiedades de obxectos e materias presentes no seu contorno: actuando e establecendo relacións cos elementos do medio físico, explorando e identificando os devanditos elementos, recoñecendo as sensacións que producen, anticipándose aos efectos das súas accións sobre eles, detectando semellanzas e diferenzas, comparando, ordenando, cuantificando, pasando así da manipulación á representación, orixe das incipientes habilidades lóxico-matemáticas. (pp 53-54)

Non teñen cabida!

Ben é certo que quen queira xustificar ese tipo de matemáticas que estamos a analizar, de seguro que tamén atopará argumentos no anteriormente exposto, máis todos nós sabemos que non é o mesmo. O que pasa é que como agora disque vivimos nun mundo visual, á xente resultalle máis doado ver un vídeo en youtube ca ler un libro, así quedamos pampos vendo mestras que en troques de facer fichas no papel, fanas no chan igualiño de repetitivas aburridas e desconectadas da realidade. Como somos tan modernos e queremos empatar cos nenos, atribuímoslle a un robot a capacidade de ensinarlle aos nenos cooperación, linguaxe, lateralidade, direccionalidade , cando iso, os profesionais da educación infantil sabemos de sobra que só se pode facer a partires do propio corpo, non do corpo dun fedello.

Coa de oportunidades que nos brinda a vida cotiá para introducir a linguaxe e iniciarnos nos procesos lóxico matemáticos, desafortunadamente, unha vez máis, deunos por seguir métodos estandarizados.

 

O noso recanto favorito en Compostela

In AlfabetizArte,EmocionArte on 05/11/2017 at 20:06

img_7970.jpg

Con motivo da preparación dunha saída didáctica á Praza de Abastos e á librería Couceiro, imprimimos un plano de Santiago e localizamos os dous lugares que visitaríamos, así como o itinerario que seguiríamos. Unha vez marcados, aproveitamos para buscar outros sitios para nós coñecidos: a Catedra, a Alameda, a biblioteca Ánxel Casal… e as correspondencias cos números indicados no plano.

 

Tamén descubrimos as iconas que figuraban no plano as súas respectivas lendas: farmacias, hospitais, paradas de taxi ou de bus urbano, WC, por onde pasa o Camiño de Santiago, vistas panorámicas, etc.

Como vimos que identificaban algúns lugares por teren ido coas súas familias, propuxémoslle levar o plano para a casa para alí marcar o seu recanto favorito en Compostela.

 

Ao día seguinte, cadaquén soubo dar conta do recado, expoñéndolle aos compañeiros as súas preferencias e os motivos.

Entanto, atopamos un marabilloso “Mapa emocional de Santiago”, unha ilustración de María Meijide, na que aínda que non gardan proporción nin escala, están representados aqueles lugares máis cheos de significado para a artista. Así puidemos ir localizando no mapa os seus recunchos favoritos e outros moitos que recoñecían: a escultura das Marías na Alameda, a Cidade da Cultura, a Policía, a Praza de Abastos ou a Praza do Obradoiro.

 

Unha maneira máis de facerlle poñer os pés na terra, de comprender a representación do espazo e de establecer vínculos afectivos co territorio.

 

Mapas, a representación gráfica dun territorio

In AlfabetizArte,Uncategorized on 05/11/2017 at 18:53
IMG_7784

Localizando a cidade onde foi vivir un compañeiro.

Nas nosas aulas é do máis habitual o uso de mapas, planos e rueiros. Cada vez que alguén vai de viaxe ou visita unha institución, se é posible trae mapas para logo explicarlle aos compañeiros onde estivo. Así temos mapas de todo tipo: dos Camiños de Santiago, da ruta dos Faros, da Costa da Morte, físicos de Galicia, dos concellos, da artesanía, do patrimonio arquitectónico, etc, así en función do que precisemos usamos uns ou outros.

Un mapa é unha representación a escala dun territorio, no se que se salientan uns ou outros aspectos por medio de símbolos, iconas, gráficos ou letras. Esta linguaxe, sendo bastante habitual, convencional e intuitiva, precisa ser coñecida para comprendela. Representacións de ríos, estradas, autoestradas, aeroportos, hospitais, hoteis, oficinas de información…, todo isto forma parte da cotiadianidade das nosas vidas. Ata a maneira de dobrar un mapa ou plano e diferente de calquera outro documento.

Se hai uns anos alguén nos preguntara se era preciso traballar con mapas e planos en educación infantil, de seguro que diríamos que non, pero arestora, calquera desprazamento a un lugar descoñecido supón a súa consulta: o directorio dun centro comercial ou dun polígono industrial, os mapas do tempo, a localización dun aeroporto, as liñas de metro ou bus dunha cidade…, emporiso cremos necesario iniciar ao alumnado nestas representacións e na súa propia linguaxe.

Planos, a representación do espazo

In AlfabetizArte,EncienciArte on 04/11/2017 at 16:18

IMG_7167

Dende ben pronto, nas nosas aulas, adoitamos facer representacións gráficas, esquemáticas e sinxelas dos espazos nos que nos movemos ou daqueles aos que nos desprazamos con motivo dunha saída pola contorna, da asistencia á Casa da Cultura, á biblioteca municipal, ou a Correos, por pór un exemplo. Previo e posterior á realización destas actividades, sempre representamos graficamente o espazo no que nos movemos, ou ben empregamos ferramentas como Google maps e Google street view para facernos con el.

Inicialmente, somos nós as que establecemos a base do esquema en traxectos moi coñecidos e sinxelos, como por exemplo neste que supón así como 200 metros entre a escola e a Casa de Cultura, pero nos que hai uns referentes: pasos de peóns, semáforos, etc.

Moito se ten investigado sobre a adquisición da noción do espacio, así Piaget, Hannoun, Van Hiele establecen as etapas ou fases polas que este coñecemento vai pasando. En calquera caso, no que todos os investigadores coinciden é que debe ser traballado, que non é algo que se adquira de seu. Así, os nenos que viven en zonas rurais e se desprazan polo medio téñeno más consolidado ca os que viven en espazos urbanos onde é máis difícil moverse autonomamente. Siegel e White consideran que a aprendizaxe dos conceptos espaciais debe producirse de forma secuencial: dos lugares coñecidos aos itinerarios vinculados (desprazamentos) para poder crear mapas mentais (relacións entre lugares). Na educación infantil hai que tratar o “espazo vivido·”, a experiencia directa, explorando os espazos coñecidos, os de contacto, e xa cara finais de EI, podemos iniciar aos pequenos no “espazo percibido” xa que pouco a pouco poderá experimentar os non tan coñecidos. Hoxe en día, a diferenza do pasado, os nenos dende ben pronto fanse a viaxar a desprazarse a lugares non coñecidos, algo ao que tamén contribúen as series infantís que consumen nas pantallas.

Así, é do máis habitual que eles nos pidan planos para explicarlle aos seus familiares como chegar a un sitio.

Ás veces tamén facemos cazas do tesouro nas que facilitándolles un plano da aula, do corredor ou do patio, teñan que localizar algo no lugar sinalado no mesmo. Os planos do plan de evacuación do centro presentes en todos os espazos do centro, tamén nos son un recurso inestimable para estes nosos xogos nos que trazamos itinerarios a seguir.

De tal modo o teñen afianzado que agora xa son eles mesmo os que se animan a facer representacións esquemáticas dos seus espazos cotiáns: os seus cuartos, os parques nos que xogan…

Os símbolos, convencións gráficas, as diferenzas entre ver de fronte, ver desde arriba ou ver de lado, para nós foi unha lección maxistral que nos deu Chelo,  a conserxe do centro, de formación arquitecto técnico, quen ao ver o que estabamos a traballar, non dubidou en traernos os planos da súa casa para que puideramos comprender estas diferenzas.

Ou uns pais, arquitectos técnicos os dous que tamén nos mandaron os planos de dúas recentes construccións en O Milladoiro, para que puidesemos comprobar in situ a realidade e a súa plasmación gráfica. Unha linguaxe máis a deprender na escola, cos seu propio código e significado.

Dicíame hai pouco unha nai que agora para cada desprazamento da familia case que hai que elaborar un plano ou traer exemplar dos dispoñibles no lugar.

Viaxes familiares

In FamiliarizArte on 03/11/2017 at 11:10

img_7032.jpg

É moi habitual que os luns cheguen contando algunhas das saídas que fan na fin de semana coas súas familias, así como o é que non se lembren de a onde foron, nin onde estaba ese sitio, nin se era lonxe ou preto. Polo que agora, xa con cinco anos, decidimos que había que dedicarlle un tempo a iso.

En primeiro lugar, colocamos nun lugar ben visible un mapa de Galicia no que situamos aqueles puntos referenciais para eles: O Milladoiro, Santiago e Bertamiráns, logo outros aos que acoden con certa regularidade: onde viven os avós ou familiares, así como sitios de praia ou parques aos que adoitan ir na fin de semana.

Feito isto, xa decidimos sistematizalo doutro xeito. Fotocopiamos un mapa de Galicia e ao lado puxemos unha columna na que anotar data e lugar da viaxe, indicándolle asemade que coa axuda da familia, trazaran o itinerario percorrido.

Agora, cada luns chegan os seus respectivos mapas nos que reflectiron os desprazamentos, os que nós trasladamos ao mapa grande da aula, colocando un post-it de diferentes cores no que anotamos o nome do neno ou nena que chegou a ese sitio.

Nas conversas sobre as viaxes, pronto xorde a pregunta de quen foi o que chegou máis lonxe, algo que inicialmente resolvemos medindo con palmos ou con outras medidas non convencionais e cheas de inexactitudes porque ningún desprazamento se realiza en liña recta coma no mapa. Así como algúns falaban de que ese mapa non servía porque foran fóra de Galicia, decidimos enviar un cuestionario ás casas no que preguntábamos sobre o lugar máis lonxano que visitaran, en que medio de transporte foran e cantos kilómetros había de distancia.

Para resolver con exactitude imos plasmando nun gráfico de barras os kilómetros de distancia, para así ir vendo quen chegou máis lonxe.

Cando xa todo parecía estar claro, determinando que foran tres nenas que estiveran de vacacións nas illas Canarias, chega a nota dun neno cuxa familia reside en Palestina, de modo que triplica a distancia das ata agora gañadoras.

Coma sempre, unha actividade que lles axuda a ir sendo conscientes do grande que é o mundo, do afortunados que son e das experiencias que van atesourando.

Noutra entrada falaremos de como pouco a pouco ser van afacendo ás representacións gráficas, símbolos, iconos presentes nos mapas.

Para nós, isto non sería posible sen a constante colaboración das familias que entran nos nosos xogos e aportan máis do que poderíamos pedir.

 

O propio nome propio

In AlfabetizArte,EmocionArte on 25/10/2017 at 08:32

IMG_8413

De visita na aula da nosa compañeira e amiga Luísa, escoitamos unha tarefa que lle propuxera ao seu alumnado: preguntarlle aos pais por que elixiran o seu nome. Gustounos a actividade, porque se fai moito de lingua escrita arredor do nome propio pero en realidade non sabemos nada dos motivos polos que levamos o nome que nos identifica, nos diferenza, nos presenta e nos singulariza. Cada elección encerra unha historia que debe ser coñecida polos pequenos, xa que logo axúdalles a ir construíndo a súa historia persoal.

Xa de volta na nosa clase fixémoslle a mesma pregunta aos nenos e nenas, ningún sabía porque se chamaba así. De modo, que tomamos a idea e preparouse unha nota para as familias pedíndolle que relataran moi brevemente os motivos da súa elección.

Ao día seguinte todo eran novidades, xa descubriran que nalgúns casos levaban o nome dun familiar, dun antepasado, dun futbolista, ou que a elección se debera a motivos tales como que fora curto, non puidera ter diminutivos, levara a letra /u/, ou tamén porque o escolleran os seus irmáns de entre unha listaxe.

Pero o nome a máis do seu valor designativo ten un valor simbólico. Nunha das explicacións facía alusión a que o motivo da elección fora polo que este nome significaba. E isto xa nos deu pé a unha segunda tarefa conxunta coas familias: descubrir o significado do seu nome, a súa data no calendario, se tiña feminino/masculino, se empregaban diminutivos e tamén se tiña tradución noutros idiomas. Cómpre apuntar que a implicación das familias do noso alumnado é total; gustan de ser partícipes e de participar nas propostas de aula, a máis cremos que é unha maneira de que eles tamén descubran cousas nas que non adoitamos repararar.

img_7832.jpg

Como diferenzar a dous membros da familia co mesmo nome? (a costume americana de senior-junior ou acompañalos dos números romanos); é conveniente usar nomes propios para as mascotas?; por que hai nomes que teñen variantes?, nomes propios que acaban por darlle nome á casa familiar… Hai todo un mundo arredor dos nomes propios, en cada fogar hai unha historia para contar.

É doado supoñer todo o xogo que nos deu esta información. Agora, de cara ao inicio do novo ano estamos a preparar un calendario coas datas dedicadas ao seu nome. Asemade, todas as indagacións que fixeron arredor do seu nome integran a exposición dos aniversarios, este curso con dúas representacións plásticas, a realizada na aula e a feita na súa casa, en ambos casos supón escribir o nome sen empregar útiles ou materiais convencionais na escrita.

Hai moito escrito arredor do que pode supor chamarse dun modo ou doutro, da incidencia que iso terá no futuro, de como o nome delata o contexto social familiar, hai tamén estatísticas dos nomes máis empregados nun ano ou nunha década, dos nomes máis extravagantes, dos xa case extinguidos, dos máis longos, dos máis curtos… Un nome encerra moitas historias que cómpre coñecer.

Á pregunta de se a alguén lle gustaría chamarse de outro modo, a resposta foi negativa, todos están satisfeitos do seu propio nome propio.

Información:

Diccionario de los nombres propios, Fundación Lengua Española

Diccionario de nombres propios de Roberto Faure

Nomes galegos de hoxe e de onte

Diccionario galego dos nomes

 

A miña primeira palabra

In AlfabetizArte,EmocionArte on 12/10/2017 at 17:36

img_7063.jpg

Trala lectura dun libro titulado “La primera palabra de Mara”, de Ángel Domingo en Narval, preguntamos se sabían cal fora a primeira palabra que pronunciaron. Tan só unha nena o sabía, e sen embargo pareceunos que era un deses recordos para gardar polo importante que é. No conto, a familia paterna repetíalle ata o fastío “papá”, a materna “mamá”, pero Mara saíu un chisco traste e dixo “caca”, esa foi a súa primeiriña palabra.

Así todos intrigados levaron como tarefa para a casa preguntarlle aos seus pais pola primeira palabra que pronunciaron. Eu díxenlles que era algo que todos os pais e nais lembraban, así confiados marcharon coa encomenda. Completábase  con traer unha fotografía de cando tiñan arredor de 6-12 meses que é cando empezan normalmente a falar, malia que con anterioridade garulan, fan rechouchíos, farfallan e comezan a balbucir e a repetir onomatopeas. Disto todos tiñan algo que dicir, polos irmáns máis pequechos ou por bebés de coñecidos.

Ao día seguinte, a clase era un fervedoiro de ilusión, todos deprenderan cal fora a súa primeira palabra e amosaban as fotografías deles con poucos meses.

Así decidimos ir anotando cales eran esas palabras e ao ver que se repetían con frecuencia decidimos plasmalo nun gráfico de barras para cun golpe de vista, ver cal fora a palabra máis habitual neste grupo.

fotoefectos.com__final_3350117572631883802_

Xunto ao gráfico todos os que coincidiran coa mesma primeira palabra: mamá

Logo unha nena propuxo facer unha montaxe con todas as fotos e poñerlle a cada unha delas un bocadillo como o dos cómics no que se escribira a palabra en cuestión. A todos lles pareceu boa idea e así fixemos unha montaxe fotográfica titulada “A miña primeira palabra”.

Volveremos sobre isto, porque tamén falamos de facer un pareado co nome a coa palabra, un mural, unha composición artística, unha pedra palabra para gardar nas caixas dos recordos…, teremos que darlle unha volta.

Cremos que esta é unha actividade que axudou a que cadaquén vaia construíndo a súa historia de vida persoal, única, diferente e chea de momentos felices para as súas familias.

Sinxelo, ás veces falámoslle de palabras moi requintadas e esquecémonos da súa primeira palabra.

E vós sabedes cal foi a vosa primeira palabra?

 

Matemáticas cotiás: facer estimacións, medir, pesar, comprobar, verificar

In EncienciArte on 27/09/2017 at 10:01

IMG_6750

A chegada dos froitos do outono brindounos grandes oportunidades para facer matemáticas.

 

Matemáticas cotiás: dividindo

In EncienciArte on 27/09/2017 at 09:18

IMG_7035

Cremos que o modo de ir introducindo aos pequenos nas operacións aritméticas é a través da vida cotiá, resolvendo os problemas que nos xorden no día a día: dividir un biscoito para que haxa un anaco para cada un, buscando o centro dun cadro para penduralo recto ou facendo todo tipo de reparticións. Así, intuitivamente van comprendendo o que é a adición, a resta ou a división e a súa utilidade na procura de solucións.

Ás veces complicámolo en exceso elaborando materiais e recursos específicos, secuencias didácticas, etc, cando a vida nos brinda múltiples ocasións para introducir de forma natural e normalizada as matemáticas.

 

Matemáticas cotiás: pesámonos e medímonos

In EncienciArte on 26/09/2017 at 08:27

IMG_6958

Unha das rutinas más habituais nas aulas de infantil é a de pesar e medir aos pequenos cada certo tempo para así ir vendo as súas medras; nós facémolo cada inicio de trimestre, o que dá pé a todo un traballo de estimación, comparación, observación dos cambios (incremento ou diminución de peso), a máis do que pode supor arredor da alimentación saudable.

Este curso, unha familia agasallounos cun nivel de aire, o que permite medir a horizontalidade e verticalidade dun elemento, así como neste caso, verificar a exactitude das medicións cando dous nenos/as miden o mesmo.

Rematamos sempre coa representación dos resultados en táboas de frecuencia ou gráficos de barras.

Celebrando os aniversarios coa arte: pintar un cadro sen pintura

In CativArte on 25/09/2017 at 23:25

IMG_5930

Os dous cursos anteriores introducimos unha variación canto ao modo de celebrar os aniversarios na escola tratando de fuxir do consumismo. Nun caso pintaban un lenzo empregando as súas dúas cores preferidas e o ano pasado escolmábamos unha nova do xornal do día no que cumprían os cinco anos e sabíamos tamén doutra nova que facía referencia a algo que acontecera no día que naceran. Ademais, coa colaboración das familias preparaban unha montaxe na que quedaban patentes os seus gustos, afeccións e preferencias como un modo de singularizarse no grupo.

Agora andabamos a darlle voltas para continuar na mesma liña na que sentíndose especiais e protagonistas elaboraran unha obra que lles fixese recordar ese día. Da unión do xogo dos lapis primos e dunha visita que nós fixemos á exposición “Flor-Novoneyra” de Antón Lamazares no museo da Cidade da Cultura.

flornovoneyra_web_cabe

Flor Novoneyra está formada por más de cien piezas inéditas realizadas por Lamazares en los dos últimos años entre Berlín y Madrid, en las que el autor fusiona su pintura con una selección de versos de Uxío Novoneyra traducidos al Alfabeto Delfín, un código inspirado en el abecedario occidental creado por Lamazares en homenaje a su padre y utilizado en todas las facetas de su vida y obra desde el año 2012.

Na nosa versión, cada neno/a “pintará” un cadro sen usar a pintura. Para ilo empregaremos uns soportes de cartón sobre o que perforaremos debuxos, textos, mensaxes, nomes, números e todo aquilo que eles queiran.

Completarase coa colaboración das familias, axudándolles a escribir o seu nome sobre soportes non convencionais con materiais non convencionais.

Este foi o primeiro intento que xa puxo a cachola de moitos a bulir. Iremos dando conta dos resultados.

Di Antón Lamazares que el considérase un poeta que pretende facer poesía pintando, sementando nun soporte humilde coma a terra, o cartón. Nós tamén o intentaremos.

Mensaxes secretas e tintas invisibles

In AlfabetizArte on 25/09/2017 at 22:12

IMG_5903

Como resposta á nosa petición de ideas para escribir con lapis primos, unha familia enviounos unha mensaxe escrita con tinta invisible, e aí desatouse un xogo que nos levou á procura de sistemas de escritura para segredos.

Cada día imos experimentando cun diferente.

Con zume de limón que logo precisa da calor para poder lelo.

IMG_5923

Calcando forte para logo descubrilo sombreando cun lapis.

Con cera que logo precisa dunha capa de acuarela.

IMG_5944

Con bicarbonato ou con leite para aplicarlle logo calor.

IMG_5894

Con todo isto non pretendemos máis ca coñecer formas de escrita e espertar as ganas de escribir por puro pracer.

 

Os lapis primos

In AlfabetizArte,ContArte on 25/09/2017 at 21:35

IMG_5902

Desde que coñecemos o libro “Os lapis primos” tiñamos ganas de tirarlle proveito.

Os lapis nin o imaxinan.
Non saben que teñen primos
nin parentes de raíz.
Descubrimos que eles son
algúns sobriños do xiz
e outros netos do tizón.

Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz… mais, que pasaría se tentásemos facelo cos primos dos lapis? Quen veñen sendo?

Agora co comezo de curso do grupo de cinco anos, trala lectura do libro puxemos o maxín a funcionar para saber con que podíamos escribir sen empregar lapis, ceras, pinturas, acuarelas, rotuladores nin outros materiais convencionais. Mesmo propuxemos pedir a colaboración das familias, que coma sempre nos sorprenderon co seu enxeño.

Tras dúas semanas, raro é o día que non nos aparecen cunha nova ocorrencia. De seguro que este xogo quedará aí por moito tempo.

Proxectos InnovArte para o curso 17_18

In InformArte on 06/09/2017 at 22:28

 

Iniciamos este curso con proxectos que nos fan moita ilusión tras un ano dedicadas case por completo aos “Fíos de infantil”. Velaquí deixamos uns apuntamentos que logo iremos ampliando a medida que vaiamos concretando.

Presentacións do libro

Agora xa coas tres edicións na man, comezaremos unha rolda de presentacións polas distintas Facultades de Educación de Galicia xa que logo, acordamos coa editorial Galaxia que eses serían os espazos idóneos para dar a coñecer un libro que fala da escola infantil. Aínda estamos a pechar as datas, pero témolas confirmadas en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago. Aproveitaremos tamén para realizar unhas charlas formativas co alumnado do Practicum.

Visitas de estudo a escolas

Había xa uns anos que non visitabamos escolas no estranxeiro e tralas recomendacións da nosa amiga Carmen García, volvemos ás nosas xiras pedagóxicas cos Nidos e escolas da Bassa ReggianaIride e Arcobaleno en Guastalla, Zenit en Boretto e La Ginestra en Poviglio- en Italia (6-10 de decembro) e os Jardins de Infância das Escolas Josefa de Óbidos en Portugal (maio). Como noutras ocasións formaremos un grupo de compañeiras interesadas en aprender do bo que fan neses lugares. Deixamos unha pequena información, con enlaces ás súas webs e a documentos elaborados por grupos de estudo.

Tendendo pontes con Brasil

Dende fai dous anos temos pendente unha visita a Sao Paulo co Grupo Pedagogía Subjetividade que dirixe Tais Romero. Finalmente, será no mes de febreiro coincidindo coa presentación de “Os fíos de infantil” en brasileiro. Como se pode supoñer é algo que nos enche de orgullo, pero tamén temos que dicir que un dos motivos é a toma de contacto con este grupo integrado tamén por Alejandra Dubovik e Alejandra Cippitelli do marabilloso Jardin Fabulinus de Bos Aires. Esperamos que pronto poidamos visitalas tamén pois son un referente de innovación e educación respectuosa coa infancia.

Renaturalizando a educación infantil

Dende hai un tempo andamos a darlle voltas a como volver a natureza ás aulas de infantil ou de como levar as aulas á natureza, así xa o curso pasado tomamos contacto e visitamos iniciativas como as escolas bosque Amadahi en Dexo e Foresta Espacio de aprendizaje Activo en Vincios e imos sabendo de grupos como Alados-Bosquinenos que promoven unha educación no medio natural como alternativa a outras actividades fóra do tempo escolar. Tamén imos levando conta de moitos centros que están volvendo o verde a os seus patios escolares. Ogallá prosperen moitas máis, mentres tanto iremos aprendendo deles.

Loxicamente, a escola será o groso do noso traballo, e iremos dando conta do que realizamos cun grupo agora xa de cinco anos e de como abrimos as nosas experiencias á comunidade.

Esperamos que este curso poidamos continuar un ano máis co blog, xa van oito, pero aínda queda moito por debullar.

Bo inicio de curso para todas e todos os que nos seguides e nos dades azos para continuar.

 

Presentación de “Os fíos de infantil”

In ActualizArte,EmocionArte on 05/09/2017 at 20:11

5403aef97d3c8a7bba4bc9d60e0ca6de(1)

O 29 de xuño no Museo Pedagóxico de Galicia tivo lugar a presentación oficial da edición en galego do noso libro “Os fíos de infantil. InnovArte Educación Infantil”, por parte do Conselleiro de Cultura, Educación e O.U., Román Rodríguez e do Director Xeral da editorial Galaxia, Francisco Castro, acompañadas tamén polo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal.

IMG_5197

Cando por fin veu a luz un proxecto tan acariñado dende lonxe foi a culminación dun traballo que nos supuxo a dedicación de moitas horas, momentos de ansiedade e de preocupación dende o día que nos puxemos a escribilo, ata que, tras gañar o premio Marta Mata empezamos coa maquetación, coas imaxes e coas revisións das edicións catalá (xa publicado en marzo), galega (en xuño) e castelán (en setembro).

IMG_2839

En calquera caso, foi para nós un día de felicidade profesional e persoal, vendo ao noso carón a familia e a tantas amizades e compañeiros no mundo da educación.

As palabras do conselleiro viñeron a redundar o xa manifestado no prólogo institucional co que se acompaña a edición galega; cunha idea que nos enche de orgullo que é o recoñecemento da labor que se desenvolve nas aulas e á proxección exterior desa práctica. Nós sempre manifestamos que a intención que tiñamos cando abrimos InnovArte Educación Infantil non era outra que a de suscitar unha reflexión sobre a atención que se lle dispensa á infancia. Haberá quen  comparta o que dicimos, haberá quen non, agora ben, damos ocasión para poñer o punto de mira en cuestións que moitas veces se fan de maneira rutineira.

Aínda así, ese acto quixemos reservalo unicamente para manifestar o noso agradecemento e así o fixemos a través destas palabras que entre as dúas lle diriximos aos asistentes.

 Señor conselleiro, director xeral, director xeral de Galaxia, asistentes, bo día a todos.

O habitual nestas ocasións é falar do libro que vimos a presentar, pero nós deixamos esa parte porque como non ten moita intriga non queremos destripalo, así, non vos queda outra que mercalo e lelo. E aquí, todo canto imos facer é dar as grazas por axudarnos a facer unha manta. En efecto, dicimos en “Os fíos de infantil” que con cada promoción de alumnado nós imos tecendo unha manta coa que arroupalos para a súa vida futura; esa manta leva uns fíos que son unha constante na nosa práctica, pero case todos eles dependen máis dos que aquí estades ca de nós mesmas.

Como a miña irmá Isabel e máis eu traballamos a catro mans, así será como volo iremos contando.

Veredes.

Hai un fío institucional…, a Consellería de Educación que sempre nos apoiou en todo canto fixemos. Mostra diso é que hoxe esteamos aquí coa edición en galego finanzada pola consellería. Conselleiro, queremos darlle especialmente as grazas, pola súa acollida, polo cariño e polo respecto ao noso traballo. Debo confesar que cando lin o prólogo co que presenta o libro, botei a chorar (será cousa da idade que unha se vai facendo máis frouxa…), porque dicir de nós que somos boas e xenerosas…, a poucas máis mencións e títulos pode aspirar un galego ou unha galega. E dicir que a escola que nós mostramos é a escola que quere a consellería, vén a ser a culminación do noso traballo. Grazas Román, por tan xenerosas consideracións para con nós.

Non debemos esquecernos doutro membro do seu equipo que dende hai moitos anos mira por nós, o Director xeral de Recursos Humanos e Centros, José Manuel Pinal. Grazas aos dous por axudarnos a ver publicado o libro na nosa lingua materna. A consellería ben sabe que a escola non se cambia a golpe de leis, cámbiase coas crenzas e bo facer do profesorado, así que, apoiando as prácticas, amosando exemplos e salientando o traballo dos docentes talvez será como mudará a educación.

Por outra banda, e nese fío institucional tamén metemos as corporacións locais. A día de hoxe, case ten tanto peso a educación formal como a non formal, a que en grande medida depende dos concellos, emporiso é determinante que as actividades educativas que se propoñen fóra do horario escolar sigan uns criterios atinados. O noso concello, Ames, independentemente da súa cor política, sempre amosou unha grande sensibilidade de cara ao educativo, así nos ten apoiado en gran número de propostas gabándose do traballo das escolas da localidade.

De seguido pasamos ao fío editorial.

Temos que dicir que no mes de novembro, no día que soubemos que resultaramos premiadas co Marta Mata, era xa pola tardiña e asistíamos á presentación dun libro na que estaba Víctor Freixanes, daquela aínda director xeral de Galaxia. Cando lle dixemos que víñamos de ganar o premio e que nolo publicarían en catalán e en castelán, o primeiro que nos dixo foi: “falade cos cataláns para traducir o libro ao galego”. Ghiadeiras como somos, así o fixemos, e trala marcha de Víctor, Francisco Castro, amigo tamén, asumiu o compromiso con todo o cariño xunto con Malores Villanueva, a nosa editora (que gusto dicir isto..). Ver o noso traballo en editoriais como Rosa Sensat e Octaedro énchenos de fachenda agora ben, velo publicado na editora buque insignia da cultura galega, non vos podedes imaxinar o que supón para nós. Mil grazas tamén.

A día de hoxe, as editoras teñen un papel fundamental nas tendencias educativas. Que se decida publicar un libro ou outro, vai máis alá de cuestións económicas ou modas, trátase dunha responsabilidade, porque nas súas páxinas agóchanse concepcións sobre a escola, sobre a infancia e sobre o ensino. Apostar por un libro é tamén unha forma de compromiso coa educación. Levamos con orgullo que estas tres editoras coas que  sae “Os fíos de infantil” (Rosa Sensat, Octaedro e Galaxia) teñen demostrada solvencia, criterio e prestixio educativo.

E por riba, as tres edicións van acompañadas dos prólogos que nos fixeron dous pesos pesados na educación infantil: Carmen Díez Navarro e Beatriz Trueba, faros que alumean o camiño profesional de tantas mestras, entre elas nós, que sempre as admiramos e seguimos nas súas traxectorias profesionais. Cando nos preguntaron quen nos gustaría que nos prologase, dixemos que tiñamos o corazón “partío”, e en Rosa Sensat suxeríronnos que llelo pedíramos ás dúas; así o fixemos e aceptaron. Que unha nos chame “abellas tecedoras” e outra “mestras abano”, serán tamén deses títulos que nos queden gravados para sempre, por acadar esa consideración delas. Mil grazas ás dúas pola súa xenerosidade e alegría.

Pero ademais, para que isto vira a luz, tivo que contar co concurso de moitas máis persoas.

Detrás dos traballos hai unha familia. Para a nosa, InnovArte é un membro máis na mesa de xantar. Dende fai sete anos, dános motivos para debater cada quen dende o seu lugar no sistema educativo: coma docentes, coma alumnos, coma pais… algo que definitivamente enriquece a nosa mirada. Pero antes de todo iso, os nosos pais, Manolo e Lina, a quen lle dedicamos o libro, traballaron arreo para investir na nosa educación xa que logo pensaban que era a mellor herdanza que nos podían deixar. Nosa nai, aínda a día de hoxe nos lembra a nosa responsabilidade para que na escola non se noten as diferenzas debidas á procedencia social, situación económica ou singularidade das familias do alumnado, tal e como ela viviu nunha desas escolas de ferrado das que garda memoria este museo. Nosa tía Victoria, quen coa súa prodixiosa fantasía encheu a nosa infancia con contos de boca, facendo que nós devezamos por cativar os pequenos con historias tal e como ela fixo con nós. Noso irmán Manolo, quen coa súa resolución, paciencia, bondade e xenerosidade, arranxa todos os problemas loxísticos das nosas montaxes máis espectaculares. A miña filla e os nosos sobriños, banco de probas de libros, de inventos e de xogos, que con sinceridade desarmante nos din de inmediato o que lles gusta ou non sen andarnos con panos quentes. Nosa prima Sandra que sempre nos chega con primicias editoriais que só ela atopa, e nosa tía Mary que é quen de irnos buscar un adobío a o corno máis lonxano da lúa.

InnovArte, este libro e o noso traballo escolar, é un asunto de familia, pero non só da nosa, senón tamén das do noso alumnado. Fálase moito da participación dos pais na escola dos pequenos, pero en moitos casos queda reducida a traballos grosos. Nós entendemos a educación como unha corresponsabilidade, unha responsabilidade compartida sabendo os uns dos outros. Levamos con fachenda que hoxe estean aquí con nós, pais e nais dos nosos rapaces, algúns xa mozos e mozas, e temos a sospeita de que non o debemos facer moi mal pois temos unha elevada taxa de ex alumnos que cursan Maxisterio (non nos atribuímos todo o mérito diso pero unha mestra de infantil marca moito…). Nunca se dimensiona debidamente o impacto que pode ter un docente na vida dun neno e nas expectativas que a familia deposita na súa educación. Mil grazas a elas por confiar en dúas mestras non convencionais.

Tamén temos presente o fío da Universidade, con quen mantemos contacto continuo lonxe das tirapuxas habituais entre a teoría e a práctica. Grazas a profesores que integran a nosa mirada e nos enriquecen coa súa avanzando por unha escola de máis calidade. Persoas como Lina, Lois, Zabalza, Javier Rouco, Vicente e Salvador, Uxío, Antón Costa e outros moitos que non entenden de diferenzas de categorías de profesorado segundo os niveis nos que traballan.

E temos tamén xa no fío da profesión, compañeiras que nos ven en directo, sen filtros, aquelas que ata nos viron nalgunha ocasión botando un berro, as que nos deixan saír un intre para tomar aire e contención: Luz e Begoña, e outras coma Ana mestra novel que, coa súa xuventude e enerxía nos devolveron a mirada fresca sobre a escola. Porque ensinar a cara boa do que facemos non nos converte en perfectas, nin o pretendemos. En InnovArte tamén temos falado dos nosos fracasos, das decepcións e das contrariedades, porque das teclas brancas e negras é de onde saen grandes melodías.

E como esquecernos do fío das amizades? Somos o que somos grazas ao que nos dan os amigos e amigas. Fálase moito da formación do profesorado, pero case nunca se menciona a incidencia que as relacións poden ter no desempeño profesional. Agora, seica os cazatalentos das grandes multinacionais non miran tanto os títulos que poida ter un aspirante coma as súas vivencias, as súas relacións e a súa apertura social. Nós somos ricas en amizades e a máis, todas elas están comprometidas con InnovArte.

Malós e Víctor que desde que recalaron no Cabo nos fixeron crer que somos mellores do que en realidade somos, (sabémolo pero gústanos crelo), e Malós que de cada viaxe, de cada feira do libro, de cada librería nos agasalla cun tesouro para InnovArte. Marisé e Victoria das que tanto compromiso social deprendemos en cada un dos seus pequenos xestos. Mercedes que entre libros, poemas e  gargalladas nos deu tantos motivos para reflexionar. Luísa e Moncho cos que nas sobremesas montamos pseudoclaustros malia todas as promesas feitas ao meu marido de non tocar temas educativos. Fina Casalderrey coa súa sinxeleza e fondo calado e Mariano co seu pragmatismo e retranca. Antía Cal co seu activismo educativo. Xosé Antonio coas súas traducións e procura da palabra exacta en galego. Ou Xabier Sanisidro co seu entusiasmo desbordante…

E logo están as persoas que grazas a solicitar a súa colaboración para actividades de aula, acaban por se converter en amizades. Son tantas as que nos deron o mellor de seu…: Leandro Lamas os seus contos pintados. Gonzalo o seu bosque e o Xardín do Recordo. O escultor Ramón Conde ca maestría das súas mans. María Solar cos seus pés perfectos. A poetisa Rosalía Morlán as súas lúas e estrelas. Palmira do Sardiñeiro as súas barquiñas de papel. Dores Tembrás o seu peizoque Roque…

Sería imposible mencionar aquí todas as persoas que dun xeito ou outro nos agasallaron co seu saber para goce dos pequechos. Cando dicimos que a escola ten que ser aberta aos saberes, non é tan só a aqueles que se axustan aos nosos parámetros académicos, é a todos en xeral, porque sendo receptivos é como lles ensinaremos aos nenos a ser e a estar no mundo.

Ao igual que no libro, aquí non queríamos máis ca amosar o noso agradecemento polo que a vida e a  boa xente nos brinda, e iso, amigas e amigos, é un dos fíos fundamentais do noso traballo, porque de nada ou pouco valen os requilorios e os coñecementos requintados se na escola non lle deprendemos aos rapaces a ser persoas que gozan co sinxelo, a descubrir cada día un anaquiño de mundo, a gorentar a experiencia e o saber dos outros.

Esperamos que vós gocedes co libro ao igual que nós o fixemos mentres vivíamos cada unha desas experiencias.

Moitas grazas por axudarnos a tecer esta manta.

Mil grazas a todas as persoas que nos acompañaron coa súa presenza ou co seu afecto e respecto profesional aínda dende a distancia.

21430100_1134401266693854_5971432175077891806_n

Agora, enorgullecenos ver o libro nos escaparates das librerías, en reseñas en publicacións especializadas e ler as opinións das persoas que dedican o seu tempo a lelo.

 

Educación e compromiso cívico no Xardín do Recordo

In CativArte,EmocionArte,FamiliarizArte on 17/06/2017 at 10:02

As persoas que nos seguen saben da nosa teima por conectar a realidade educativa e a realidade social con experiencias que favorezan a educación nos dereitos humanos e a aplicación deses coñecementos na vida, seguindo, entre outros, os mandados da UNESCO para a educación no Desenvolvemento Sostible que instan á configuración de novas metodoloxías nas que os coñecementos académicos, as competencias cognitivas e as claves para o exercicio dunha cidadanía activa estean intimamente imbricadas. Así, sempre tentamos proporcionarlle ao noso alumnado vivencias nas que participe a comunidade e que ao fin revertan sobre ela axudando a mellorala. Cómpre lembrar que fixemos noso o lema de Eduardo Galeano: cousas pequenas de xente pequena en lugares pequenos que poden cambiar o mundo.

Dende o comezo deste curso iniciamos unha relación de colaboración co proxecto do Xardín do Recordo no Pazo do Faramello, un xardín público memorial á traxedia de Angrois no 2013. Estreáramos alí o outono contribuíndo coa plantación dun exemplar de cercis canadensis (árbore elixida pola Escola de Paisaxismo Juana de Vega para simbolizar cada unha das 81 vítimas do accidente de Angrois); asistimos á caída das follas das árbores do amor, emocionámonos coa súa floración na primavera e coa volta da súa follaxe con forma de corazón; celebramos cada nova incorporación de árbores grazas ás visitas doutros centros educativos e fómolo vendo medrar pouco a pouco. Con tal motivo, agora, quixemos darlle o peche a este curso no mesmo lugar pero con toda a nosa comunidade á que foramos facendo partícipe de todas as nosas achegas.

Abonda dicir que non somos partidarias das celebracións de peche de curso que tanto se estilan coma festivais e macrofestas nas que o consumismo, a falta de calma e de reflexión son o denominador común. Emporiso, a nosa alternativa tiña que ser máis serena, sen esas divisións entre escola e comunidade na liña de actores ou espectadores e, ao tempo, xeradora de compromiso cidadán. Unha merenda coas familias nunha pracenteira tarde no lugar do que tanto nos oíron falar, facéndoos parte tamén do proxecto do Xardín do Recordo foi a nosa opción.

O pasado 15 de xuño citámonos todos os grupos de 5º de EI no xardín coa consigna de que cadaquén tiña que aportar o mellor de seu para contribuír ao benestar de todos: merendas, doces, refrescos, cantos e música, papaventos, xogos e enredos, conversas e miradas cómplices sobre o que nos une a todos, as nenas e nenos.

Pero a comunidade somos máis ca docentes, alumnado e familias, é a sociedade en xeral e o entorno social en concreto, así fomos moitas máis as persoas que colaboramos para facer desta tarde un recordo especial da vida escolar en educación infantil.

Cando contamos algunhas das nosas experiencias, adoitan sorprender as colaboracións que logramos ao que respondemos que como norma xeral a xente bríndase gustosamente con todo o que teña que ver coa educación dos pequenos, sempre e cando se lle pida que mostren aquilo que mellor saben facer, aquilo que lles gustaría transmitir á infancia. Non pode haber imposicións senón apertura, se de verdade abrimos a escola aos cidadáns igual levamos grandes sorpresas.

Neste caso, o ilustrador Leandro Lamas, tan coñecido pola súa creatividade coma pola súa xenerosidade e compromiso con outros modos de vida máis respectuosos, quixo realizar unha ilustración que se converta en imaxe do Xardín do Recordo.  Trasladala a un cartel para estar á vista dos visitantes foi tamén xentileza da empresa local Rótulos Axeitos, asiduo colaborador nas nosas experiencias.

DSCN5057

Non faltou a vertente artística coa extraordinaria intervención do escultor Marcos Mariño, un creador que, ao longo da tarde e á vista de todos, coas súas motoserras foi dándolle forma a un tronco dunha árbore derribada polos temporais do pasado inverno ata transformala nunha alegoría do Xardín do Recordo na que non faltan os símbolos inconfundibles do Pazo do Faramello, o Sol e a Lúa.

Mención especial merece tamén a compaña da fotógrafa Elena Cerviño que cada día nos agasalla nas redes coas súas miradas sensibles, especialmente as referidas ao Xardín do Recordo, así grazas a ela imos sabendo ata dos cambios que lle pasan desapercibidos á meirande parte dos visitantes.

A nosa contribución na nosa liña, poemas e letras, para que quen visite o xardín saiba os nomes en galego das especies arbóreas que o integran e poidan deleitarse coa lectura de poemas de escritores da terra que lle falan aos ríos, ao vento e aos bosques.

E tamén unha recomendación para camiñantes, visitantes e peregrinos sobre como pasear pola lendaria senda da Traslatio Xacobea e Camiño Portugués que discorre paralela ao Xardín do Recordo: os vinte puntos do “Manual do bo paseante” de Raimon Juventeny publicado en Faktoría K de libros trasladados a laxas de pizarra para que a cada pouco vaian impregnándose do espírito dos bos paseantes.

Como non podía ser doutro xeito, todo o noso agradecemento ao artífice do Xardín do Recordo, Gonzalo, quen coa súa xenerosidade,  compromiso coa memoria, coa educación e co futuro nos acolle nos seus eidos sempre cun agasallo, neste caso cun exemplar de cotinus máis coñecido como árbore das pelucas, que tamén foi plantado coa axuda de todas as mans, aportando o noso gran de terra a este proxecto que naceu da súa iniciativa pero precisa de que todos arrimemos o ombreiro.

DSCN4956 - copia

Grazas a todos por facer desta tarde un recordo especial nun lugar moi especial.

Levo no peto…

In AlfabetizArte on 23/05/2017 at 09:09

img_3394.jpg

img_3355.jpg

A nosa intervención plástico-poética para o tendal dos poemas fíxose arredor da poesía “O meu peto” de Ana Mª Fernández, recollido no libro Versos da tarde laranxa (2016) publicado en Galaxia.

IMG_3454

A condición para a escolma poética dos tendais é que estes fixeran referencia á natureza, á auga e aos camiños, neste caso cumpríase e o soporte non podía ser outro ca unha bata de mestra chea de petos.

img_3389.jpg

Velaquí o resultado e proceso de elaboración.

Poemas no tendal

In AlfabetizArte on 23/05/2017 at 08:03

IMG_3370

Promovido polo Servizo de Dinamización Lingüística de Ames, nestes días pódense ver polo concello tendais con poemas escritos en galego. Dende hai uns anos, con motivo do mes das Letras Galegas todos os centros educativos colaboran nalgunha intervención conxunta que serva para pór a poesía ao alcance de toda a cidadanía así noutras edicións sementáronse poemas polas vilas e aldeas.

Nesta ocasión, nesta terra de ríos (Tambre e Sar) e camiños (o Camiño de Santiago e o de Fisterra), quixéronse aproveitar os paseos fluviais, regatos, fontes e lavadoiros para tender poemas ao modo no que xa se facía desde o medievo en España e Portugal coa chamada literatura de cordel.

Onte, primeiro día desa acción poética, había unha chea de expectación arredor dos tendais, familias acompañando aos seus fillos e fillas para ver a peza de roupa que tenderan por cada unidade dos centros educativos de Ames. Alí permanecerán ata finais do mes de xuño, permitindo que quen queira poida deleitarse coa lectura e coas realizacións plásticas dos nenos e nenas.

Os nosos parabéns, iniciativas coma “Entre ríos e camiños, poemas no tendal” colocan a cultura ao alcance de todo o mundo e mostran o que dende as escolas se fai por ela.

Tendais de poemas no Paseo fluvial de Bertamiráns do CEIP A Maía e do CEIP Agro do Muíño.

IMG_3389

Tendais de poemas no Milladoiro da EEI Milladoiro espertando a curiosidade dos peregrinos na súa última etapa do Camiño a Santiago de Compostela.

Tempada de chícharos

In EncienciArte on 21/05/2017 at 12:19

IMG_3234

Adoitamos dicir que para vincular os pequenos coa realidade non hai nada mellor ca abrir as portas da escola a todo o que a sociedade e a contorna nos brindan; iso si, coa única condición de que solten o as consabidas fichas. Tocar, apalpar, ulir, escoitar, observar…, son os pasos previos que darán lugar a un monllo de actividades que calquera poder circunscribir aos obxectivos e contidos da etapa.

A primavera cos seus froitos sempre nos dá unha chea de ocasións de aprender, mostra diso é o que nos sucedeu cando unha nai nos dixo que ao seu fillo do que máis lle estaba a gustar nestes días era debullar chícharos, algo que quería compartir cos seus compañeiros e compañeiras.

Chegou cunha saca chea de chícharos, e xa nos amosou como diferenciar os que estaban cheos dos que estaban aínda pequechos; el facíao tanto polo tacto como polo seu renxer ao apretalos. Medir, comparar, contar, pesar, facer estimacións, observar como é cada gran, saborear o doces que son os máis tenros, saber de como nacen da semente que é o mesmo que se come, das súas variedades e ata de cancións populares, alimentación, preparacións todo isto foi o que os chícharos nos brindaron.

Ver fotografías.

Retamos a quen queira a que nos demostre que cunha ficha ou cunha aplicación informática se pode facer o mesmo. O máis sinxelo sempre dá máis xogo educativo ca calquera requintado material didáctico.

Queremos insistir nisto, agora que todas as editoriais andan a presentar os seus inxentes lotes de fichas para infantil, tanto para 3-6 coma para 0-3, algo que nos ten absolutamente perplexas: meniños e meniñas que aínda toman biberón xa teñen material estandarizado para ir á escola! Pero de que valen tantos cursos, tantas publicacións, tantas experiencias respetuosas cos seus intereses e coa súa neurobioloxía. Isto é inaudito! Onde temos a cabeza as persoas que nos dedicamos á educación da infancia?

Música de concerto: “Seres fantásticos”, “El agua” e “Las aves”

In MusicArte on 19/05/2017 at 21:25

Temos tendencia a recorrer sempre aos mesmos fragmentos de música clásica, así agradecemos tanto a descuberta destes tres libros da editorial Océano travesía. En cada un deles unha selección de 20 escollidas pezas recollidas nun CD que acompaña a uns magníficos libros, nos que se dá unha información tanto sobre o autor como sobre a obra así como dos aspectos a atender nese corte grazas a unha guía de audio. Compleméntase coas suxestivas ilustracións de Claudia Legnazzi. O libro contén ao final un glosario de términos musicais, unha listaxe cos créditos dos audios e un cadro cronolóxico dos compositores e períodos musicais que se percorren no libro.

Tres libros-disco singulares, ricos e necesarios.

Introducción a la música de concierto: Seres fantásticos

Desde los tiempos más remotos, gnomos, hadas, brujas, duendes, elfos y otros personajes fantásticos han provocado admiración, temor o simpatía, tanto en niños como adultos, y nos han ayudado a explicar los misterios insondables de nuestra existencia. Sus presencias y poderes sobrenaturales han inspirado también a músicos de todas las tradiciones. Este libro ilustrado con CD recoge una muestra de esas creaciones.

Introducción a la música de concierto: El agua

Los ríos, los lagos, los océanos y las fuentes han servido de inspiración a infinidad de compositores a lo largo de la historia. El agua ha permitido a numerosos músicos crear obras centradas en el tema de este líquido vital. Son composiciones que nos invitan a soñar y a imaginar este elemento mediante recursos sonoros. Su transparencia, el sonido que hace al correr, las tonalidades que adquiere el mar… estos y otros aspectos han sido traducidos a hermosos sonidos que, desde el barroco hasta nuestros días ha traído hasta nosotros piezas memorables. Este libro –tercer volumen de la serie Introducción a la Música de Concierto– constituye otra extraordinaria invitación para acercar a los pequeños a lo mejor de la música universal.

Introducción a la música de concierto: Las aves

Los seres humanos siempre han admirado y envidiado el vuelo y el canto de las aves. Tal vez por eso, desde tiempos muy remotos, músicos de las más diversas culturas han tratado de imitarlas o evocarlas con su propia voz o con otros instrumentos musicales. Este libro presenta 20 obras musicales desde el siglo XVI al siglo XX. Contiene textos explicativos y un cd de las composiciones ejecutadas por grandes intérpretes. Se trata pues de una magnífica introducción la música.

Neste vídeo pódese ver unha entrevista a Ana Gerhard, escritora e responsable da selección musical.

Pedras, paus e cunchas

In CativArte,Uncategorized on 18/05/2017 at 20:07

final-baja-una-casa-bien-abierta-tapa

Descubrimos as ilustracións de Claudia Legnazzi e quedamos engaioladas co proceso de creación do libro “Una casa bien abierta”, emporiso aquí o deixamos para que serva de inspiración neste tempo de paseos pola beira do mar.

10007471_764254180286097_481420939379729152_n

Claudia Legnazzi é arxentina, ilustra libros para nenos e mozos desde fai vinte anos. Ten recibido moitos premios, entre outros o Runner-up no Noma Concurso de Ilustración en Xapón. No 2002 obtivo o Primer Lugar no Catálogo de Ilustradores de CONACULTA, e tamén o Gran Premio do Xurado no Noma Concurso de Ilustración da Unesco Asia. Moitos dos seus traballos expóñense no Chihiro Art Museum de Tokio, especializado en ilustración infantil de todo o mundo.

Clases ao aire libre

In EncienciArte on 04/05/2017 at 22:16

IMG_3010

Nesta nova cruzada por naturalizar a vida dos máis pequenos, estanse a desenvolver iniciativas que van dende o máis radical ata outras máis paulatinas en función da acollida e compromiso que atopan na comunidade educativa, así como do ideario do centro. Colexios que desenvolven parte da xornada na rúa deprendendo a partir do que van atopando, e outros que están a reverdecer os seus espazos exteriores. En calquera caso, é unha tendencia á alza. Aínda así, hai quen di que gustaría de facelo pero que a normativa do centro non llelo permite; pois haberá que ir dando argumentos e rabuñando horas para sacar os nenos á rúa.

O vindeiro día 18 de maio, temos como pretexto unha iniciativa internacional que fomenta levar as clases a fóra. Aprendiendo al aire libre, na última convocatoria logrou que se adheriran preto de catro mil centros de todo o mundo. E para quen nos pregunta que poden facer, como programar a xornada, nós aconsellaríamos que se deixasen levar. A modo de suxestión deixamos unhas fotografías que non precisan de moita explicación mais calquera da profesión pode intuír os obxectivos e contidos que encerran.