“Días de outono”

img_3795
Nos días de outono
hai follas de cores
e ventos que escriben
polos corredores
maiúsculas verdes,
puntos amarelos,
carreiros de pingas,
letras de marmelos,
gráficos de ramas,
marxes de erbedelos,
alfabetos de auga,
conversas dos regos.

Nos días de outono,
tranquilos e moitos,
hai cores nos campos,
nas nubes nos froitos.

Chegou ás nosas mans o novo poemario de Ana María Fernandez, “Versos da tarde laranxa”, publicado na editorial Galaxia, e dende aquela andamos a gozar coa lectura das súas poesías cheas de imaxes, de cores, de sons, de musicalidade e de lirismo.

9788498657234

“A chuvia”, “Ese vento”, “O meu libro”, “Falemos”, “Agasallos” ou “Poesía porque si”, sabemos de certo que nos darán xogo para moitas ocasións.

img_3784-2

Ás veces lemos polo gusto de que os poemas nos fagan cóxegas no oído, na pel e no corazón; outras para recrear coa imaxinación e outras para regalarlle a vista a todos os que pasen polas nosas aulas.

img_3785-1

Con “Días de outono” déronnos ganas de representalo con acuarelas e completalo con follas.

img_3782

Velaquí algunhas das diferentes visións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s